Broma

Submitted by admin on Sat, 12/28/2019 - 12:04

Broma celta?  Estás bromeando? Quen o dí? Ah, se o dixo Schutzmann, seguro que é certo. Pero, en castelán tamén?

Para falar de broma que mellor que facer unha broma!

Desde logo en portugués é piada ou brincadeira e en francés é plaisanterie ou blague. Algún quiz distintivo ten broma.

Agora recorremos á web etimologías de Chile  e poñemos Broma.  En primeiro lugar, cóntanos Bromo que vén da palabra grega exactamente igual que significa fetidez (iso para certificar que broma vai vir do grego). E despois, a continuación, fala de broma, da palabra grega que significa "carcoma, comején" que ven do verbo apolillar. Isto o xustifica dicindo que unha broma (a unha persoa) carcome a esa persoa. E cando non é a unha persoa, e cando é unha tomadura do pelo como a de Schutzmann?

A explicación é moi forzada, moi creada "ad hoc", porque en realidade non sabe de onde vén broma.

Imos ver como broma encaixa no celta e, incluso, conecta co grego (supoño que através do indoeuropeo).

broma :broim1.

broim1, m. (gs. -oma, pl. -omanna).Fart. Bhí le ~, ag gabháil le ~, he was going crackers.

broim2, v.i. (pres. -omann; vn. -omadh m, gs. -omtha).Fart.

Unha broma en celta é un peido!!! Supoño que moitas veces se xogaría a botar peidos como broma. Hoxe está presente nos rapaces e rapazas co famoso "caca, culo, pedo, pis". Algo que altera aos maiores.

Como conecta co grego? Posto que bromo é fetidez e broma é peido (normalmente fétido) a conexión, quizais do indoeuropeo ou quizais onomatopéyica, está feita. A próxima vez que fagas unha broma pensa que estás botando un peido.

E está claro porque os portugueses e os franceses evitaron esa palabra.

O día dos Santos Inocentes é un día apropiado para falar de bromas...