A Lagoa de Lucenza

Submitted by admin on Mon, 12/30/2019 - 17:34

Para a wikipedia non existe! Pero que é a Lagoa de Lucenza? Pois en novacarta.eu está moi documentada. Por exemplo temos a imaxe da Aldea da Seara.

Ou a foto dun cartel sobre a lagoa de Lucenza no museo de Xeoloxía de Quiroga. Lagoa producida polos glaciares da zona de hai miles de anos.

Pero como traducir Lucenza en celta? Pois xa sabemos unha parte, lu significa moi pequena. Unha lagoa de 70 metros é moi pequena, efectivamente. Lagoa moi pequena e?

ceansa1, a3. Gentle, meek; tame. ( Xentil, manso; domesticado)

Como sabemos o z é o s e é moi posible que os da zona falen ou falasen de lucensa ou luceansa, traducido ao galego actual por lucenza.

Se un ve as imaxes entende perfectamente o nome celta- Adáptase como un anel ao dedo apropiado. Unha Lagoa moi pequena e non movida polas mareas, nin polos ventos como a lagoa de Valdoviño, por poñer un contraste. Unha lagoa moi pequena e mansa, xentil.