Gobia

Submitted by admin on Tue, 12/31/2019 - 12:25

Por unha banda é un lugar de  Gobia, Meangos, Abegondo, curiosamente, sen ningún habitante. Pero aquí interésannos máis o río Gobia.

Como nome de ríos diciamos que a parte de bia significaba alimento. bia1, m. (gs. ~, pl. ~nna).1. Food. ~ a ullmhú, a chaitheamh, to prepare, to take, food. ~ agus deoch, food and drink. ~ agus leaba, bed and board. ~ na maidine, morning meal. ~ na ndaoine, food for human consumption; food crops.

Un cazador recolector do paleolítico (e non tanto no neolítico) vía unha fonte de alimentos fundamental nos ríos (peixes, ribeiras con froita, vexetación,...). Así, en Galicia, os nomes aludían a esa propiedade fundamental de fonte de alimentos. Xa os vimos, Navia, Avia, Xubia,... e Gobia (por unha vez non manoseado o nome e posto bia con b).

E que é Go? Dos varios significados de Go escollemos go2, prep. (Eclipses; combines with poss. adjs. a, ár, to form gona, gonár) 1. Lit: With, having.

Gobia está dicindo de modo claro que o río ten, con, contén, alimentos. Máis claro, auga...