Di a wikipedia que
O topónimo galego A Modia pode referirse a:
- A Modia, lugar da parroquia de San Cristovo de Donalbai, no concello de Begonte;
- A Modia, lugar da parroquia de Santo Adrián de Vilariño, no concello de Cambados;
- A Modia, lugar da parroquia de Santa María de Vilapene, no concello de Cospeito;
- A Modia, lugar da parroquia de Santa María de Vilar, no concello de Guitiriz;
- A Modia, lugar da parroquia de Santa María de Paradela, no concello de Meis;
- A Modia, lugar da parroquia de San Xoán de Vilanova, no concello de Miño;
- A Modia, lugar da parroquia de Santa María a Maior do Val, no concello de Narón;
- A Modia, lugar da parroquia de Santa María de Vilacampa, no concello do Valadouro;
Véxase tamén
Outros artigos
O topónimo galego As Modias pode referirse a:
- As Modias, lugar da parroquia de San Pedro de Begonte, no concello de Begonte;
- As Modias, lugar da parroquia de San Martiño de Porto, no concello de Cabanas.
Ademais das Roza das Modias, en Alba, en Vilalba, ou o dolmen das modias, que non menciona directamente. Di
Galería de imaxes de dolmens en Galicia (sección "Roza das Modias")
Calquera lector ou lectora xa sabe traducir modia do celta, mo o meu, meu, día, deus.
O meu deus, meu deus ou meu deus! poderian ser as traducións de modia. Modias é unha fluctuación singular/plural latino presente en moitas palabras- tanto poñendo o s como quitándoo. A algúns soálle mellor plural e poñen o s ou a outros parécelle que como é un obxecto soamente debería quitárselle o s, que entenden de plural (exemplo, medorras).
Modia é outro exemplo, con gui, da extensa beatería e crenzas relixiosas, dos celtas galegos. Somos persoas que cremos na maxia, nos deuses, na relixión, nos amos, no destino, no fado. Un clima infernal de chuvias, tormentas e borrascas que nos incita a crer na inevitabilidade do establecido, da dereita, da aceptación do sufrimento e de que as cousas sempre foron así e non houbo nin haberá evolución en milenios. Seguimos vivindo no paleolítico. E que a gusto, mo dia!
- Log in to post comments