Unha vez desvelada unha tradución galega de Bal podemos atrevernos con Baltar
Coma sempre, en primeiro lugar lemos os homónimos da wikipedia (moi cómodos porque utilizando os seus enlaces podemos mirar onde caen cada un deles).
O topónimo Baltar pode referirse a:
- En Galicia
- Baltar, concello da comarca da Limia;
- Baltar, parroquia do concello de Melide;
- Baltar, lugar de dita parroquia;
- Baltar, parroquia do concello da Pastoriza;
- Baltar, lugar de dita parroquia;
- Baltar da parroquia de Cambás, no concello de Aranga;
- Baltar da parroquia de Damil, no concello de Begonte;
- Baltar da parroquia de San Clemente de Cesar, no concello de Caldas de Reis;
- Baltar da parroquia de Castrelo, no concello de Cambados;
- Baltar da parroquia de Artes, no concello de Carballo;
- Baltar da parroquia de Brigos, no concello de Chantada;
- Baltar da parroquia de Ribeira, no concello da Estrada;
- Baltar da parroquia de Mántaras, no concello de Irixoa;
- Baltar da parroquia de Vilastose, no concello de Muxía;
- Baltar da parroquia do Val, no concello de Narón;
- Baltar da parroquia de Barbeiros, no concello de Ordes;
- Baltar da parroquia de Souto, no concello de Paderne;
- Baltar da parroquia de Lesón, no concello da Pobra do Caramiñal;
- Baltar da parroquia de Xustáns, no concello de Ponte Caldelas;
- Baltar da parroquia de Adina, no concello de Sanxenxo;
- Baltar da parroquia do Vicedo, no concello do Vicedo;
- Baltar da parroquia de Belesar, no concello de Vilalba;
- Baltar da parroquia de Grandal, no concello de Vilarmaior;
- En Portugal
Amais, como apelido pode referirse a:
- Ramón Rey Baltar, escritor galego (1882-1969);
- Andrés Rey Baltar, innovador agrario e irmán do anterior (1886-1936);
- Arturo Baltar, escultor ourensán, autor do belén de Baltar (n. 1924);
- Rafael Baltar Tojo, arquitecto (1933-2004);
- Amelita Baltar, cantante arxentina (n. 1940);
- Xosé Luís Baltar, político ourensán (n. 1940);
- Xosé Manuel Baltar, político ourensán, presidente da da Deputación de Ourense e fillo do anterior (n. 1967).
Para estudar o topónimo/apelido desde o punto de vista celta, miramos o dicionario
bál, m. (gs. & npl. báil, gpl. ~).Ball. É dicir balón, o que pola súa proximidade ao inglés podemos supoñer que é unha palabra irlandesa moi próxima no tempo, relativamente actual. Non nos vai servir para traducir que tantos topónimos galegos falen de balón (incluso do xogo do balón).
O dicionario di tamén que pode ser unha forma gramatical de ál (camada de animais). Pero imos conxugalo con tar:
tar1, v.i. (pres. tagann, tig, p. tháinig, p. aut. thángthas, fut. tiocfaidh, vn. teacht, pp. tagtha). Come. 1. Approach, arrive; move, travel, towards. 2. Come along, proceed. 3. (Of time, events) Arrive, come about, happen. 9. 4. Come into existence. 5. Come forth, issue, spring, appear. 7. Survive, recover. 8. Reach. . 9. Come to pass. 11. Come to parturition. Ou sexa,
Veña. 1. Achegarse, chegar; moverse, viaxar, cara. 2. Veña, continúa. 3. (Do tempo, dos acontecementos) Chegar, vir, ocorrer. 9. 4. Entra en existencia. 5. Sae, emite, resorte, apareza. 7. Sobrevivir, recuperarse. 8. Alcanza. . 9. Veña a pasar. 11. Ven á parturición.
Que o podemos resumir en tras, despois de
Tras o balón non ten sentido. Tras a camada é moi impreciso (cambian de lugar frecuentemente). Na entrada anterior falamos da posible tradución de bal como camiño ou intersección de camiños. Que si ten sentido, incluso é máis preciso tras a intersección, ou cruce de camiños xa que está referido a un punto do camiño. Relaciónase coa razón da pervivencia de corga, e corgo desde o celta galego, palabras que sitúan perfectamente un lugar nun mapa non debuxado, nun mapa xeográfico mental. Baltar alcánzase tras o camiño, tras a intersección do camiño. Ese é o meu punto de vista sobre o significado-celta -desde logo- de Baltar.
En fin, que as referencias xeográficas son imprescindibles nun mundo sen libros e sen mapas. O seu sentido de necesidade, de uso práctico, fainos usar esas referencias de modo imperativo, obrigatorio. Se non queremos perder o sentido, o mapa implícito, debemos conservar esas palabras. Algunha persoa contábame a súa visión de que son as nais as que transmiten o sentido de modo intuitivo -sen palabras- ao comunicarse cos nenos. Hai unha parte non verbal, pero intelixible, entre nais e fillos? Para min é unha teoría demasiado nova. Pero a pervivencia das palabras celtas de modo intuitivo, non gramatical, nin semántico, case máxico, precisamente porque teñen un significado con sentido, natural para algunhas -non moitas- xeracións anteriores, abunda no sentido dunha cultura e tradicións baseadas xustamente na racionalidade dos antepasados e non -insisto de novo- na falta de racionalidade deles. Se supoñemos que son uns tolos estamos preparando a nosa muda a outra cultura. Queremos convertirnos ao castelán? Pois dicimos que os galegos son uns tolos, desfasados, acientíficos, pouco modernos, guturais, primitivos, sen fala propia,... iso é o que afirmamos. O que din os que queren que mudemos ao castelán, ao inglés?...
- Log in to post comments