Balbás

Submitted by admin on Sun, 02/02/2020 - 18:12

Balbás non aparece nin na toponimia, nin na Galipedia. Agás como apelido dunha matemática, Marta Balbás Gambra, que escribe sobre Xeometría Diferencial, no artigo do mesmo nome. Probablemente existan varios Balbás non rexistrados, aínda.

Per si existe balbas.es, a web de

Bodegas Balbás, Pioneros de la Ribera del Duero en España

Por certo que foron fundadas en La Horra (Burgos) en 1700. A que vos sona Horra? E Calahorra? Estamos nunha zona castelá con residuos ou restos toponímicos celtibéricos.

José Luis Balbás (Villamediana (Palencia), na wikipedia e Yeyo Balbás - Roca Libros de Santander e outros moitos máis, que non describiremos aquí. Así Balbás é un apelido e topónimo celta, da zona central e da zona dos montes de Santander e Burgos.

Que significa? Pois despois do visto está claro: Bal, camiño empinado (é un camiño de monte, só se dá nos montes) e Bás, morte: bás, m. (gs. báis, pl. ~anna).1. Death.

Así que o significado é camiño empinado mortal, de morte. De novo a toponimia avisa do que che pode ocorrer nese lugar. Pode ser mortal ou ben sabemos de casos en que morreron persoas. E avisamos no nome.

Por orografía, os montes galegos non son estrictamente mortais, os de Asturias e Cantabria, si. De aí que fose necesario precisar este datos na cordilleira Cantábrica e non tanto en Galicia.