Se contendo dai había 200 topónimos, contendo rodeiro hai 249 na toponimia oficial. Que é un rodeiro? Parece latino de roda, pero e posible que conteña centos de conversións a algo significativo desde rodairo. Rodairo non se entende. Rodeiro ten que ver con roda. Todo claro.
rodeiro, di a RAG, substantivo masculino1 Conxunto das rodas e o eixe do carro. O rodeiro encaixa na chumaceira.2Rodeira Ían a pé detrás do carro, andando polos rodeiros.
O primeiro significado fala do carro e non ten sentido na toponimia- máis que onde haxa fabricantes de rodas (que non é un significado da RAG). O segundo, a rodeira, é feminino e só forzadamente podemos convertelo en rodeiro.
Sexa como sexa, na miña opinión, na meirande parte dos rodeiros da toponimia estase convertendo un gran carballal nun sitio onde hai marcas de rodas, o que lle interesan, a quen lle interesan as marcas de carros? Os carballos serven para dar de comer aos animais e para madeira e como lugar máxico. As marcas de carro, a ninguén. Iso, si, a cousa ten "sentido", latino, claro. Ademais remata en eiro, que galego!
- Log in to post comments