Visouteiro

Submitted by admin on Fri, 02/14/2020 - 19:19

Visouteiro é un lugar da parroquia de Leiro, Miño.

Por unha banda identificamos inmediatamente Vis como o mesmo Vis de Balbís ou Balvís, espiral, ou zigzag nun camiño empinado (bal). Só que agora xa estamos pasando á época do latín e bal é descoñecido. Sen embargo a xente xa sabe dicir o que lle corresponde en latín-galego, outeiro. Así que Visouteiro é o mesmo que Balvís, un camiño a un lugar outo seguindo unha espiral ou equivalente zig-zag.

Hai que destacar que aquí vese palpablemente a necesidade de dividir a palabra en dúas, unha latina e outra celta. Ademais, atopamos algunhas palabras máis:

 
TOPONIMO CONCELLO PARROQUIA
Visouteira de Abaixo FENE Fene (San Salvador)
Visouteira de Arriba FENE Fene (San Salvador)
Visouteira Queimada FENE Fene (San Salvador)
Visouteiro MIÑO Leiro (San Salvador)