Esta entrada será moito máis discutida, posto que hai toda unha teoría en castelán e galego, acerca da súa procedencia do latín, como vista. Así google di "Voz patrimonial del latín visus ‘vista’, ‘cosa vista’, de donde ‘aspecto, apariencia’, significado que explica la mayoría de las acepciones modernas. De la familia etimológica de ver (V.)." E etimologías de Chile di que " VISO. La palabra viso designa muchas cosas, desde una altura desde la que se divisa mucho terreno, lo cual en España ha dado lugar a numerosos topónimos .. "
Ben, habería que ver o uso da palabra no tempo (cousa imposible de saber, non temos máquina do tempo) pero eu aposto por unha orixe celta de Bís, que normalmente acompaña ao camiño en espiral que sube a un outeiro (como acabamos de ver) onde, polo tanto, normalmente tense boa vista, o que fai factible a perpetuación da palabra-parece latín. Nesa hipótese a palabra-reforzada cobra outros significados- como o de viso, aparecencia.
Así o fai o dicionario da RAG
viso substantivo masculino1 Lugar elevado desde o que se divisa unha grande extensión. Desde o viso podíase contemplar a cidade asentada no val.2 figurado Aparencia ou traza.
Así en Viso conflúen as dúas influencias das dúas linguas. Eu deixaríao nun empate. Cun lonxano orixe celta, identificando os lugares aos que hai que subir en espiral, altos, polo tanto, pero revivíficase co latín e coa posibilidade de ser reinterpretado no latín como vista, un lugar alto con vista. O matiz do lugar alto non existe en latín. En celta, si.
Ben, a wikipedia di que
O topónimo Viso pode referirse a varios lugares de Galicia:
- O lugar de Viso de Calvos da parroquia de Santa Cristina da Ramallosa no concello de Baiona.
- O lugar de Viso de Abaixo da parroquia de Cereixo no concello da Estrada.
- O lugar de Viso de Arriba da parroquia de Cereixo no concello da Estrada.
- O lugar de Viso de Calvos da parroquia de Borreiros no concello de Gondomar.
- O lugar de Viso dos Eidos da parroquia do Rosal no concello do Rosal.
Véxase tamén
Outros artigos
O topónimo O Viso pode referirse a:
- O Viso, parroquia do concello pontevedrés de Redondela.
- O Viso, parroquia do concello lucense do Incio.
- O Viso, lugar da parroquia de Dombodán no concello de Arzúa.
- O Viso, lugar da parroquia de Santa María de Arzúa no concello de Arzúa.
- O Viso, lugar da parroquia de Bueu no concello de Bueu.
- O Viso, lugar da parroquia de San Mamede de Carnota no concello coruñés de Carnota.
- O Viso, lugar da parroquia de Lagartóns no concello da Estrada.
- O Viso, lugar da parroquia do Val no concello de Gomesende.
- O Viso, lugar da parroquia de Corneda no concello do Irixo.
- O Viso, lugar da parroquia de Montemaior no concello da Laracha.
- O Viso, lugar da parroquia de Batalláns no concello das Neves.
- O Viso, lugar da parroquia da Ramallosa no concello de Nigrán.
- O Viso, lugar da parroquia de Ombre, no concello de Pontedeume.
- O Viso, lugar da parroquia da Faeira, no concello das Pontes de García Rodríguez.
- O Viso, lugar da parroquia de Sar no concello de Santiago de Compostela.
- O Viso, lugar da parroquia de San Simón da Costa no concello de Vilalba.
- O Viso, lugar da parroquia de San Vicenzo de Curtis no concello de Vilasantar.
Ou a toponimia
TOPONIMO | CONCELLO | PARROQUIA |
---|---|---|
O Viso de Baixo | CARNOTA | San Mamede de Carnota (San Mamede) |
O Viso de Riba | CARNOTA | San Mamede de Carnota (San Mamede) |
O Viso das Cavadas | XERMADE | Xermade (Santa María) |
O Viso do Barco | BAIONA | Baíña (Santa Mariña) |
O Viso Pequeno | GUARDA (A) | Salcidos (San Lourenzo) |
A Casa do Viso do Ochenta | OIA | Burgueira (San Pedro) |
Camiño do Alto do Viso da Mouta | OIA | Burgueira (San Pedro) |
O Cabezo do Viso da Fonte | OIA | Oia (Santa María) |
O Eido do Viso do Ochenta | OIA | Burgueira (San Pedro) |
O Portelo da Bouza do Viso do Carmelo | OIA | Burgueira (San Pedro) |
O Viso da Agoeira | OIA | Oia (Santa María) |
O Viso da Fonte | OIA | Oia (Santa María) |
O Viso da Paxora | OIA | Burgueira (San Pedro) |
O Viso de San Pedro | OIA | Loureza (San Mamede) |
O Viso do Ochenta | OIA | Burgueira (San Pedro) |
O Viso do Sobreiro | OIA | Burgueira (San Pedro) |
Viso de Calvos | BAIONA | Santa Cristina da Ramallosa (Santa Cristina) |
Viso de Abaixo | ESTRADA, A | Cereixo (San Xurxo) |
Viso de Arriba | ESTRADA, A | Cereixo (San Xurxo) |
Viso de Calvos | GONDOMAR | Borreiros (San Martiño) |
Viso dos Eidos | ROSAL, O | Rosal, O (Santa Mariña) |
De todas maneiras, dicir que non se di Balviso, Belviso, (ou, aínda, balvisos) nin tampouco se di Balvista nin Belvista, como deberían de ser se procedesen directamente de visus, vista. Engadir un o e suprimir Bal fai máis factible interpretar como latin algo que, orixinalmente, era puro celta.
En resumo, a etimoloxía é celta, a reinterpretación (como na case totalidade das palabras) é latina.
- Log in to post comments