Marraxón

Submitted by admin on Fri, 02/21/2020 - 19:09

O monte Marraxón en Sillobre, Fene, ten nome celta. Na wikipedia está clasificado como un lugar calquera. E así non se pode entender nada. Sen ir alí non se pode entender nada. E máis, sen visitar e entender os sete outeiros ou colinas sagradas arredor de Ferrol non se entende nada. E imposible.

Foi a miña irmá Sabela a que me fixo visitar os sete outeiros e remarcoume o seu carácter especial. O Monte Ancos, as bailadoras, e o monte Marraxón, porque Marraxón non é un lugar senón un monte onde é posible ver toda a ría de Ferrol, nunha  vista máis completa que desde Montefaro ou Brion.

Ademais -para entendelo mellor, ainda, parece que no cumio do monte hai enterramentos antigos, mámoas ou algo así. Enterrábanse alí para que ter unha boa vista final, a vista da ría que enfila un camiño ata a posta do sol, o alén, o mais alá. O paraíso? Quizais.

Un lugar que esperta felicidade, visión eterna. Iso di Marraxón.

Mar- como ra-dicir, dicindo son-felicidade, o x non existe en celta. A visión da vida eterna seguindo o camiño ao ocaso. Porque as bailadoras están aos dous lados da boca da ría, o que quere dicir que case todos os ocasos na zona de Ferrol son vistos poñéndose o Sol pola boca da Ría de Ferrol. Para entendelo mellor revisa a entrada As Bailadoras

En novacarta.eu están en

Miradoiro Marraxón o día que saquei as fotos estaba nubrado, non se ve totalmente o efecto da totalidade da ría e a posta de sol.

E aqui podedes ver as mámoas citadas

Mámoas do Monte Marraxón