Las

Submitted by admin on Sat, 04/14/2018 - 13:51

San Cibrao de Las é unha parroquia do concello de San Amaro na comarca do Carballiño, na provincia de Ourense.

No dicionario irlandés-castelán podemos ver

las • v encender, iluminar

Sen embargo, as orixes de Las dan lugar a moitas disertacións como contan na Galipedia

O topónimo foi obxecto de varias consideracións, chegando a identificarse coa Lansbriga, suposto topónimo que foi lido na ara de Bandua de Eiras, e que se considerou ser o nome do castro. Novas lecturas, non exentas de discusión, propoñen o topónimo Lámbrica para o castro da Cidade, polo que a relación do antigo nome do castro coa actual denominación da parroquia (As Lás) non parece ter sentido. O topónimo Lás da parroquia pode moi ben identificarse con laxes, do céltico lágena, pedra plana (CABEZA QUILES, F.). Na Idade Media está documentado o nome Laas, nun documento de febreiro de 1401, un foro no que os frades de San Clodio do Ribeiro da Avia “(...) damos et outorgamos a foro a vos Iohan Fernandes, morador en Louçia, frigisia de san Çibrao das Lââs, por en tenpo da vosa vida et de Aldonça Peres, vosa muller (...) o noso casar de Tras lo Río, que he en na frigisia de santa Ougea d’Eyras (...)" (M. LUCAS ÁLVAREZ e P. LUCAS DOMÍNGUEZ).

Que dicir? Hai moitas teorías, pero para Celtia.org chámanlle Las porque na noite era visible desde lonxe a iluminación do castro, un dos máis grandes de Galicia