Donón

Submitted by admin on Tue, 04/28/2020 - 03:00

Ese termo saiu varias veces en Celtia. Por unha banda cando explicaba Breo "O Facho", cando explicaba a súa relación co Facho de Donón ou coa relación coas festas do facho en Galicia. En Doncos e moitas outras palabras.

Pois ben, esta vez imos ver a etimoloxía da Galipedia

Donón é un termo derivado do celta "dunium"[Cómpre referencia], relaciónase co deus Donn "O Escuro", o deus celta da morte (era un dos fillos de Mil na saga irlandesa), consérvase unha casa de Donn na costa irlandesa onde se despedía ao morto na súa derradeira viaxe.

Pode ser que teña que ver con donn, pero, en principio, non porque sexa ningún deus, non porque haxa unha casa irlandesa chamada casa de Donn, senón porque donn é unha palabra corrente celta que significa

donn1, m. (gs. doinn). 1. Brown (colour).  color marrón.

Os celtistas galegos van sempre polas alturas, polos deuses, polas casas nobres, ... e esquecen o normal e corrente. Os celtas galegos non era deuses, non eran nobres en cabalos brancos con machados relucintes, eran persoas normais que designaban obxectos normais con palabras celtas correntes.

Analizando a declinación de donn é posible que donón veña de donn. Pero ademais pode vir de varias palabras máis

donóg, f. (gs. -óige, npl. ~a, gpl. ~). Wretched woman, wretch.

donnán, m. (gs. & npl. -áin, gpl. ~). (Small species of) rock-fish, rockling. ~ langa, rockling. (Var:~ach m)  Estamos na costa e peixes de roca son factibles.

donnmhóin, f. (gs. -óna). Brown turf. Césped marron e ese significado é posible.

dónog, ardente sería factible fonéticamente e concorda con facho...

Desde logo dunium non existe en celta irlandés.