Xa falamos -noutra entrada- de Galgao, unha parroquia de Abadín. Ligamos Galgao a Galgán, que era unha fonte termal gan -sen Gal-vapor.
Pero agora despois da visita de Inés Ben (a muller Inés) a esa parroquia de Abadín, para novacarta.eu, fixo unha nova hipótese sobre a diferenza dese Galgao de Abadín. Abraiante. Se se fixera a tradución correcta do topónmo antes da construción da Autopista do Cantábrico pola zona houbesen aforrado decenas de millóns de euros.
En primeiro lugar en novacarta, San Martiño de Galgao
En segundo lugar, Galgao é sen vapor. O que nunca eu ligaría sen vapor a que é unha zona sen néboa. Para que avisar dunha zona sen néboa?
Pero é que O Fiouco, por onde se construíu a Autopista do Cantábrico, unha zona elevada, un monte preto de Galgao, por onde se fixo a Autopista. Unha zona de néboa case todo o ano. Así que a lectura correcta, como sinala Inés, é que O Fiouco está cheo de néboa, vapor, a maior parte do ano, é, en cambio, como se sabe de sempre na zona, en Galgao, apenas hai días de néboa.
Galgao quere avisar é que é mellor que pases por alí e non pola néboa do Fiouco.
- Log in to post comments