Baio

Submitted by admin on Sun, 06/21/2020 - 19:00

Meditando sobre a etimoloxía de Baio na wikipedia galega:

Estrabón menciona unha forma "Bainis" (III, 3, 4) para referirse ao río Miño, e que semella ter un elemento bai referido a cursos ou masas de auga, presente en Baio pero tamén en Baiona e Baión. Pode estar relacionado coa base, quizais céltica, *bod, "auga, charca, fonte".

Comezando por Bainis, xa comentada noutra entrada anterior. Bainis non ten ningún elemento bai referido a cursos ou masas de auga:

Bainis, así tal cal, siginifica "voda" en gaélico actual. Referíndose, quizais, á voda dos ríos Sil e Miño ou de todos os afluentes que dan caudal ao Miño. Tamén pode ser que certo tipo de vodas se celebrasen nas beiras do Miño. Ou outras explicacións factibles. Pero buscar raíces inexistentes dunha explicación de dicionario de libro non leva a ningunha parte. Porque os afeccionados a construír etimoloxías fantásticas celtas galegas non miran simplemente o dicionario celta máis próximo, como é o caso do irlandés?

Por outra banda aquí explicamos Baiona como era centro.Ba iona. De novo, nada de masas de auga.

Se Baio non fala de masas de auga, de que está falando, de onde vén?

A miña hipótese é que están referíndose á xeografía. Que para entendelo tedes que poñerte no lugar dun celta galego de hai polo menos 2500 anos, que utiliza o río como sistema de pesca, caza e, probablemente, sistema de comunicación nas súas barcas de coiro como as irlandesas do museo de Galway.

-Vexamos agora a palabra gaélica máis próxima a Baio é baic. Probablemente traducida polo monxe escribán da idade media como baio, xa que o de baic non lle sona intelixible nin cristián.

E baic é?

baic1, f 3 = bac1. ou

baic2 :bac1. 

Ademais, para rematalo, baic é unha forma gramatical de bac (nominativo plural e xenitivo singular). Todo apunta a bac. E bac é?

bac1, m. (gs. & npl. baic, gpl. ~). 1. Balk, hindrance. ~ a chur ar dhuine, le duine, to hinder, restrain, s.o. ~ tráchta, traffic block. Níl a bhac ort, there is nothing to prevent you. Níor bhac duit go raibh mise leat, it was just as well for you that I was along with you. Bhí mé ann agus níor bhac dom, I was there and it was just as well for me. Ch:~ steireach, steric hindrance. Ph:~ poitéinsiúil, potential barrier. 2. (Of terrain, etc.) Barrier. S.a. fód 2. 3. ~ (na tine), (fire)hob. Chomh dubh leis an m~, as black as soot. Poll an bhaic, hole in chimney corner (as receptacle). S.a. idir11(d).4. Mattock. 5. Bend (in river, etc.). 6. (Door-)step.

Todo apunta a obstáculo, barreira, ou na 5, curva no río. Pois, meus amigos, todo iso é xeograficamente Baio. Só tes que ir a Google maps e mirar que hai alí:

Baio, vese no mapa e na imaxe, é un monte bastante plano, chá, que visto no mapa fai dobrar o Rego de Fornelos e a súa unión ou voda co río Grande ao dobre da distancia que tería se non fose por Baio. Baio, ademais de producir unha dobradura no Rego de Fornelos, é un obstáculo que alonga moito no tempo a  chegada ao río Grande (ou a subida). Duplica á viaxe.

Iso é o que viron os nosos antepasados para nomear a Baio. Un obstáculo.