Valdoviño

Submitted by admin on Sat, 07/25/2020 - 22:55

Valdoviño préstase a múltiples interpretacións, por exemplo

Val do viño. Hai viño en Valdoviño? Pois eu non o teño visto, pero se un lembra que o viño de Viveiro vendíase en Holanda na idade media (onde hai viño en Viveiro agora?) Pode pensarse que nalgún tempo foi un cultivo do lugar. Os de Holanda preferían beber viño á auga, porque a auga, sen tratar, producía infeccións e diarreas. O viño curaba esas infeccións.

Val do aviño tamén pode ser.

Pero pasei hai dous días polo Aviño e era unha zona alta, desde a que podía verse Valdoviño. E xurdíu unha terceira opción Bal do Aviño, camiño de montaña, de elevacion cara ao lugar chamado Aviño. (ver Baltar, aquí, en celtia; por certo que afondando esta idea hai un Baltar en Valdoviño e o convento de Baltar- ver novacarta.eu)

Non creo que teña moitos partidarios esta teoría, poque o Val de Valdoviño está moi asentado, pero realmente, máis que Val o de Valdoviño é un xigantesco areal.

Eu o deixo aí.