Vispo, Bispo, Vilarvispo

Submitted by admin on Fri, 08/07/2020 - 15:30

Na wikipedia galega só existe Vispo como apelido. Bispo unicamente refírese a "Obispo" castelan e Vilabispo non existe.

No listado de toponimia só existe bispo, vexamos, nada menos que 112 bispos.  Moitos bispos para encher os camiños,  montes, ríos, ribeiras, fontes, etc Está claro que si que o Bispo Santo de Foz en san Martiño refírese a un bispo Santo, pero todos os demais son bastante dubidosos

 
TOPONIMO CONCELLO PARROQUIA
O Bispo BETANZOS Requián (Santiago)
As Pedras do Bispo CEDEIRA Cedeira (Santa María do Mar)
Fonte do Bispo FENE Barallobre (Santiago)
Os Bispos FERROL Esmelle (San Xoán)
O Coto do Bispo LOUSAME Fruíme (San Martiño)
A Fonte do Bispo MAÑÓN Mañón (Santa María)
A Ribeira do Bispo MAÑÓN As Grañas do Sor (San Mamede)
Parabispo MELIDE O Barreiro (San Mamede)
Bispo PONTECESO Corme Aldea (Santo Adrán)
Camiño do Bispo PONTECESO Corme Aldea (Santo Adrán)
A Pedra do Bispo PORTO DO SON Ribasieira (San Fins)
A Casa do Bispo ROIS Seira (San Lourenzo)
O Bispo SOMOZAS (AS) Recemel (Santa María)
Vilar do Bispo TEO Lampai (Santa María)
A Pena do Bispo ALFOZ Carballido (San Sebastián)
A Cortiña do Bispo CASTROVERDE Furís (Santo Estevo)
Fonte do Bispo CORGO (O) Paradela (San Fiz)
Pé de Bispo COSPEITO Rioaveso (Santalla)
Capela do Bispo Santo FOZ San Martiño de Mondoñedo (San Martiño)
Estrada do Bispo Santo a Santa Cilla FOZ San Martiño de Mondoñedo (San Martiño)
O Bispo Santo FOZ San Martiño de Mondoñedo (San Martiño)
Souto do Bispo FOZ Nois (San Xiao)
O Marco do Bispo XERMADE Roupar (San Pedro Fiz)
A Fonte do Bispo XOVE Portocelo (San Tirso)
Fonte do Bispo XOVE Portocelo (San Tirso)
O Muro do Bispo XOVE Xuances (San Pedro)
O Souto do Bispo MONDOÑEDO Santiago de Mondoñedo (Santiago)
O Marco do Bispo MURAS O Burgo (Santa María)
O Marco do Bispo MURAS O Burgo (Santa María)
Fonte do Bispo NOGAIS (AS) Quintá (San Pedro)
O Bispo PASTORIZA (A) Bretoña (Santa María)
A Pena do Bispo PEDRAFITA DO CEBREIRO Zanfoga (San Martiño)
A Pena do Bispo PEDRAFITA DO CEBREIRO Zanfoga (San Martiño)
Cabozo do Bispo PONTENOVA (A) Vilameá (San Vicente)
Castro do Bispo PONTENOVA (A) Rececende (San Xoán)
A Casa do Bispo PORTOMARÍN Portomarín (San Nicolao)
O Cerrado do Bispo RIBADEO Rinlo (San Pedro)
Os Bispos RIBADEO Couxela (Santiago)
Os Bispos RIOTORTO Riotorto (San Pedro)
Os Bispos de Riba RIOTORTO Riotorto (San Pedro)
A Pereira do Bispo SAMOS Pascais (Santalla)
Fonte do Bispo SAMOS Lousada (San Martiño)
A Nabeira de Bispo TABOADA Vilela (San Miguel)
Bispo TABOADA Vilela (San Miguel)
Bispo TABOADA Vilela (San Miguel)
O Lameiro de Bispo TABOADA Vilela (San Miguel)
O Prado do Bispo TABOADA Arxiz (San Paio)
Fonte do Bispo TRABADA Trabada (Santa María)
Muín dos Bispos TRABADA A Valboa (Santa María Madanela)
Rego do Bispo TRABADA Trabada (Santa María)
Rego do Bispo TRABADA Trabada (Santa María)
Fonte do Bispo VALADOURO (O) Santa Cruz do Valadouro (Santra Cruz)
Os Bispos VALADOURO (O) Santa Cruz do Valadouro (Santra Cruz)
O Pinal do Bispo VICEDO (O) San Román de Vale (San Román)
Fonte do Obispo VIVEIRO Galdo (Santa María)
O Campo do Bispo VIVEIRO Landrove (San Xiao)
Cabozo de Consuelo do Bispo BURELA Burela (Santa María)
Cabozo de Tomás do Bispo BURELA Burela (Santa María)
Pazo do Bispo BURELA Burela (Santa María)
A Ponte do Bispo BANDE Calvos (Santiago)
O Porto do Bispo BANDE Calvos (Santiago)
O Porto do Bispo BANDE Bande (San Pedro)
A Veiga da Mesa dos Obispos BEARIZ Lebozán (Santa Cruz)
Peto de Ánimas do Souto do Bispo GOMESENDE O Pao (Santa María)
A Ficheira do Bispo LOBIOS San Paio de Araúxo (San Paio)
A Fonte do Bispo LOBIOS San Paio de Araúxo (San Paio)
A Tapada do Bispo LOBIOS Río Caldo (Santa María)
Fonte do Bispo LOBIOS San Paio de Araúxo (San Paio)
O Bispo LOBIOS San Paio de Araúxo (San Paio)
O Curral do Bispo LOBIOS San Paio de Araúxo (San Paio)
Poza do Bispo LOBIOS San Paio de Araúxo (San Paio)
Os Bispos MERCA (A) Proente (Santo André)
O Casar do Bispo MONTEDERRAMO Vilariño Frío (Santa María)
Os Tocos do Bispo PARADA DE SIL Parada de Sil (Santa Mariña)
Casal de Bispo QUINTELA DE LEIRADO Leirado (San Pedro)
Eidobispo RAIRIZ DE VEIGA Zapeaus (Santo Adrao)
O Bispo RAIRIZ DE VEIGA Lampaza (Santa María)
O Bispo RAMIRÁS Casardeita (Santiago)
A Fonte do Obispo SAN AMARO Las (San Cibrao)
Fonte do Obispo SAN AMARO Las (San Cibrao)
O Rego do Bispo TOÉN Alongos (San Martiño)
Casal de Bispo VEREA Domés (San Martiño)
O Bispo BAIONA Baiona (Santa María de Fóra)
O Bispo de Abaixo BAIONA Baiona (Santa María de Fóra)
O Bispo de Fóra CANGAS Darbo (Santa María)
O Bispo de Fóra CANGAS Aldán (San Cibrán)
O Monte do Bispo CANGAS Darbo (Santa María)
O Monte do Bispo CANGAS Aldán (San Cibrán)
A Rega do Bispo TOMIÑO Amorín (San Xoán)
Camiño do Bispo TOMIÑO Amorín (San Xoán)
Fonte do Bispo TOMIÑO Amorín (San Xoán)
O Bispo TOMIÑO Barrantes (San Vicente)
O Eido do Bispo TOMIÑO Barrantes (San Vicente)
Os Campos do Bispo TOMIÑO Amorín (San Xoán)
Poza do Bispo TOMIÑO Amorín (San Xoán)
A Casa do Bispo VIGO Teis (San Salvador)
Bispo, O FISTERRA Duio (San Vicenzo)
Ribeira do Bispo, A MAÑÓN Grañas do Sor, As (San Mamede)
Parabispo MELIDE Barreiro, O (San Mamede)
Arcebispo, O POBRA DO CARAMIÑAL, A Xobre, O (Santa María)
Bispo Araúxo RIANXO Rianxo (Santa Comba)
Vilar do Bispo TEO Lampai (Santa María)
Pé de Bispo COSPEITO Rioaveso (Santalla)
Bispo, O MONTERROSO Bispo, O (Santa María)
Bispos, Os RIBADEO Couxela (Santiago)
Bispo, O SOBER Lobios (San Xillao)
Bispo TABOADA Vilela (San Miguel)
Sobrado do Bispo BARBADÁS Sobrado do Bispo (Santa María)
Souto do Bispo GOMESENDE Pao, O (Santa María)
Eidobispo RAIRIZ DE VEIGA Zapeaus (Santo Adrao)
Casal de Bispo VEREA Domés (San Martiño)
Bispo, O PONTEVEDRA Campañó (San Pedro)

Entre este listado non está o Castro do Bispo, que si está en http://novacarta.eu  aquí:

Castro do Bispo

Nel vemos un señor (ao que lle preguntaba por onde se ia ao castro do Bispo e respondeume que el nacera alí, e vivira alí toda a súa vida pero que non sabía que houbese un castro). Que seguindo un dos ramais íase á casa do Vispo (ben, dixo, depende que o digas en castelán ou en galego, supoñiase Vispo en castelán e Bispo en galego, porque xa se sabe o galego...). Naturalmente, non fun mirar polo castro, porque se unha persoa da zona non sabe onde está, un da cidade non verá nada.

O que era claro é que para el o Vispo dalí non era ningún Bispo. De aí xorde a idea deste artigo. Na toponimia galega todos os Vispos son Bispos, pero que pasa co celta?

Se é celta a escritura, como sabemos, é con b, bispo. A v non existe.

bís, f. (gs. ~e, pl. ~eanna).1. Mec: Vice; screw.  2. Spiral. S.a. giar. En celtia traducímolo por espiral, xa que os parafusos non abundaban nas corredoiras celtas.

poc1, m. (gs. & npl. poic, gpl. ~). 1. (Of deer, goat) Buck. ~ gabhair, billy-goat. ~ fionn, male of fallow deer.

Macho de cabra, de cervo.

Espiral de cabras (implicitamente camiño de subida espiral de cabras) é a miña tradución do bispo non católico.

Polo camiño do monte que leva a casa de bispo non pasou ningún Bispo (nin católico nin protestante), só describe unha forte subida polo monte que só soportan as cabras ou os cabróns.

Asi que se falamos de montes de pendente e no camiño ao cumio un bispo estamos falando dun camiño de cabras. Por exemplo, o caso máis coñecido do pico dos tres bispos da Serra de Ancares Tres Bispos.

Claramente estanse a referir a tres camiños de cabra, distintos, que che poden levar ao cumio e non a que alí foron a bendicir o pico tres bispos.

En cada caso habería que ver se a historia ou a orografia xustifican un ou outro significado.