Vite e Alvite están relacionados (non o digo eu, dío a Galipedia xuntándoos nos homónimos) ainda que as veces palabras dese estilo ou tipo teñen presuntas etimoloxías diverxentes e totalmente diferentes. Lembro nunha charla en Quiroga onde contaba o significado de Vedro e dixéronme, pois tal linguista di que Alvedro vén de érbedo. Si, dixen, entón os cento e pico Vedros da toponimia son érbedos algo reducidos, non?
O significado de al en Alvedro é o mesmo que o al de Alvite. O de vite esta explicado na entrada anterior.
O topónimo Alvite pode referirse a:
- En Galicia
- Alvite, parroquia do concello de Negreira;
- Alvite, lugar da parroquia de Sorrizo, no concello de Arteixo;
- Alvite, lugar da parroquia de Baños de Molgas, no concello de Baños de Molgas;
- Alvite, lugar da parroquia de Beariz, no concello de Beariz;
- Alvite, lugar da parroquia de Temes, no concello de Carballedo;
- Alvite, lugar da parroquia de Fisteus, no concello de Curtis;
- Alvite, lugar da parroquia de Caión, no concello da Laracha;
- Alvite, lugar da parroquia de Campos, no concello de Melide;
- Alvite, lugar da parroquia de Xubial, no concello de Melide;
- Alvite, lugar da parroquia de Mesía, no concello de Mesía;
- Alvite, lugar da parroquia de Robra, no concello de Outeiro de Rei;
- Alvite, lugar da parroquia de Augas Santas, no concello de Palas de Rei;
- Alvite, lugar da parroquia de Bretoña, no concello da Pastoriza;
- Alvite, lugar da parroquia de Nespereira, no concello de Pazos de Borbén;
- Alvite, lugar da parroquia de Pereira, no concello do Pino;
- Alvite, lugar da parroquia de San Tomé de Recaré, no concello do Valadouro;
- Alvite, lugar da parroquia de Castrelos, no concello de Vigo;
- Alvite, lugar da parroquia de Barbeito, no concello de Vilasantar.
- En Portugal
- Alvite, freguesía do concello de Cabeceiras de Basto;
- Alvite, freguesía do concello de Moimenta da Beira.
O topónimo galego Fonte Alvite pode referirse a:
- Fonte Alvite, lugar da parroquia de Rendal, no concello de Arzúa;
- Fonte Alvite, lugar da parroquia de Andeade, no concello de Touro.
Ademais Alvite é apelido.
Que era al-?
ál, m. (gs. áil, pl. ~ta). 1. Litter. ~ banbh, litter of pigs. S.a. arc1. 2. Brood. ~ sicíní, clutch of chickens. ~ páistí, swarm of children.
Camadas, rabaños de animais.
Así que o nome Alvite advirte aos interesados que Alvite é un lugar apropiado para cultivar animais, que non van morrer de frío e inanición. Que alí van estar ben. O que hoxe chamariamos cultivo ecolóxico. Mira polo ben dos animais, e, polo tanto,polo ben económico e alimenticio dos homes que alí viven.
Como na maioría dos topónimos celtas galegos advirten do que podes atopar no lugar, e sempre cun acento propagandistico. Quedate aquí que terás amigos, animais sans, animais que estarán quentes...
- Log in to post comments