O topónimo galego Gonte pode referirse a:
Estes dias fun visitar a igrexa parroquial de Gonte, en Negreira, e o resultado pode verse aquí, en novacarta.eu
Igrexa Parroquial de San Pedro de Gonte
Describímola con palabras: igrexa moi antiga, precristiana; cristianizada subíndolle o teito (vese perfectamente nas imaxes) e polo tanto, levantáronse os muros da igrexa-que teñen unha cor diferente- para poder encaixar o campanario, coma se fose orixinalmente así. Vese claramente a chapuza na imaxe. En vez de disimular acentúase o empaste do campanario sobre o edificio orixinal.
Podía ir a outros lados pero fun ata Gonte para escribir a entrada, esta entrada. Eu en Begonte dixen que era Estar ben quente. Algún tempo despois desde altas instancias de toponimia díxose na Voz que Begonte estaba rexistrado no século XI ou XII, algún deses, algo como Boconti. Se nese século dicíase Boconti é raro que poidan ter a miña tradución.
Pero o que escribían os monxes escribas casteláns sobre palabras que non entenden e que queren asociar a algo comprensible, non é nada de fiar. Unha referencia si, unha certeza, en absoluto. O único que asegura para min é que nese século diciase algo que sona a Begonte e que a un transcriptor sonoulle a algo dun conde ou a algo semellante. Nada máis.
Basta con ver a portada da Igrexa de Berís para ler que pon Iglesia de Verinés (tradución ao castelán de Berís dándolle un sentido imaxinario pero satisfactorio para o escriba). Podemos seguir pola Ribeira Sacra en vez de Reboira Sacra dándolle a explicación que queramos -o que o fixo, fíxoo conscientemente para ocultar a existencia dun sagrado anterior, ou non?
E así un cento de topónimos máis, moitos explicados aqui mesmo, en Celtia.
O meu punto de vista é que non podemos coller o topónimo un a un e intentarlle darlle sentido un a un. Creo que nesa mesma viaxe pasei por marmancou, en Negreira. É marmancou ou o marmancón de Ferrol? Eu penso que marmancón, os dous. Hai que coller o máximo posible de homónimos e supoñer, tendo sorte, que se refire ao mesmo concepto ou idea celta para traducilo no conxunto, supoñendo, ademais, que era unha palabra de uso que necesitaba ser usada en múltiples lugares. En fin, que o concepto de contabilidade, de número, nunca usado na toponimia galega inzada de exotismo e inventos adhoc, debe empezar a formar parte dunha verdadeira toponimia galega.
Todo isto tendo en conta que o resultado vai ser unha aproximación á realidade. Dificilmente a realidade.
Volvendo a Gontelle (ben quente aqui) E Gonte (fun ata alí para ver se era ben quente) efectivamente era ben quente un dia de calor coma o que fun. Gon non o vou explicar, de momento. O que si queda claro é que Begonte é unha palabra nunha serie de palabras con significado celta que pasan de antropónimos inventados.
- Log in to post comments