Druída

Submitted by admin on Tue, 09/01/2020 - 20:25

Nun artigo na Voz, hoxe, Bieito Romero fala de druída. Di que non se sabe a raíz, a orixe da palabra druída.

A verdade que é esta

*druwid- 'priest, druid' [Noun]
GOlD: aIr. drui, drui' [d m]
GAUL: druides [Nom. p]
ETYM: The second element of this compound is the root of the verb *weyd- 'see, know' (Skt. veda, etc.). The first element is presumably PIE *derw-, *dru- 'oak' which metaphorically also meant 'strong, firm'. *druwid-is therefore the priest with 'strong insight'. The Welsh form derwydd and OBret. dorguid gl. pithonicus are actually parallel formations.
REF: LEIA D-202f., EIEC 598, Delamarre 149.

é dicir, PIE * derw-, * dru- "carballo" que metaforicamente tamén significaba "forte, firme". * druwid-é, polo tanto, o sacerdote con "intuición forte". A forma galesa derwydd e OBret. dorguid gl. pithonicus son en realidade formacións paralelas.

dedicado a Bieito Romero...

En toda a serie Britannia de Prime Video pode verse que o papel dos druídas e esa "intuición forte", a de presumir, intuír, ou pedicir o futuro de modo que o druída sabe perfectamente quen é a elixida, que vai pasar cos romanos e con ela, que a única esperanza para a supervivencia da cultura celta británica está nas mans da "elixida", suponse Boudica ou Boudicea, que efectivamente case chega a vencer aos romanos, os derrota en Londinum e outras vilas, pero finalmente é derrotada na batalla final. Hoxe celebramos a Boudicea pola cancion de Enya e pola escultura en carro da ponte do Támesis ao lado do Parlamento Británico. Realmente foi o último intento dos celtas ingleses por recuperar a soberanía que perderán para sempre.

A morte, en mans dos romanos, de todos os druídas ingleses é o preludio desa derradeira derrota. Na serie (que, de momento,  aínda fala da Boudica teenager) si conta que os romanos estan obsesionados en introducirse no mundo dos druídas e en vencelos, sabendo que a derrota final celta será favorecida por acabar con eles, dividilos e domeñalos. En Inis Mona mátanos a todos.