Doggerland, "Os labirintos galegos" e a Atlántida

Submitted by admin on Sun, 09/27/2020 - 12:28

Hoxe no xornal "El País" fala de

Doggerland, la Atlántida europea que recuerda el poder destructor del cambio climático  

Guillermo Altares|Madrid

2

Varios libros recuperan la memoria perdida de la franja de tierra que unía Gran Bretaña con el continente, inundada por el deshielo al final de la prehistoria   

 

Eu escribín no 2009 "Os labirintos galegos" no que se contaba que o Doggerland era unha extensión como "Asia e Libia xuntas", como dicía Platón sobre a Atlántida, a única coñecida dese tamaño e que fose inundada polo mar desde o -11500 ata o -5000. Así, a historia non coincide con Platón en que se inundase nun só día, pero si na súa gran extensión.

Cando o contei, dicianme algúns que falar da Atlántida no libro (tedes que lelo) devalúaba o mesmo libro. A atlántida era un mito sen prestixio. Ademais naquel tempo era obrigado crer que a Atlántida estaba en Cádiz. A razón? resulta que se descubrira un deseño no Carambolo , en Andalucía, unha figura de barro, que seguia  a descrición da Atlántida de Platón. Incluso as imaxes de Internet sinalaban unha a unha as zonas que describía Platón coas zonas do deseño.

Cando contei isto no Congreso Celta de Narón, houbo un asistente que protestou. Pero ese deseño aparece en Andalucía!

Si, contesteille. É certo. Eles teñen unha imaxe de barro. Nos temos milleiros de imaxes exactamente iguais, por todas as zonas de Galicia, nas rochas de toda Galicia, repetidas con fe relixiosa, máxica e sen que se saiba porque o facían ou a súa orixe. Unha especie de relixión mística que consistía en repetir miles de veces o mesmo deseño non só en toda Galicia, senón en Escocia, Northumberland (Inglaterra), Irlanda emoitos mais paises europeos da costa ou aínda  Canarias.

De feito a ese deseño chámase "Galician" na wikipedia inglesa. Porqué? Porque en Northumberland hai unha ducia de deseños dese  tipo, repito, en Galicia hai milleiros por todos os lados.  O congreso -que ten unha publicación- no que se estudaron eses deseños en todo a franxa atlántica europea, con asistentes e relatores de Gran Bretaña, fíxose en Vigo, hai anos.

Se ti les un libro "Ancient British rock Art" verás as imaxes dos nosos petróglifos. Pero que representan? A mesma imaxe descrita por Platón na Atlántida. De feito nos "Labirintos galegos" comparo imaxes de British Rock Art e de Campo Lameiro e pregunto cales son de Northumberland ou de Campo Lameiro. Son exactamente iguais. Describen a Atlántida. Así que no meu libro de 2009 afirmo que iso acentúa a posibilidade de que a Atlántida estivese no Doggerland e os petróglifos fosen un lamento relixioso pola perda dos terreos do Doggerland, pola perda do "ElDorado" da idade de pedra galega. Un lugar mítico e idade de ouro dos galegos de hai miles de anos.

Non conto máis, -lede o libro- simplemente dicir que o artigo do país so fala da Atlántida no titular, para referirse ao Doggerland, pero sirve de boa introdución ao cambio climático e a pensar que hai só unha ducia de miles de anos como era o clima, a altura do mar, e os mapas que o representan.

Simplemente e finalmente, repite ademais a miña idea de 2009 de onde podía estar a Atlántida.

Tan exótica non era.