Luancos e Luanco

Submitted by admin on Sun, 09/27/2020 - 13:17

Di a Galipedia que  Os luancos[1] (en latín: Luanqvi) eran unha antiga tribo celta de Gallaecia, un pobo galaico bracarense[2] que viviu entre os ríos Támega e Tua, na provincia de Tras os Montes, no norte do actual Portugal e no sur de Galicia. Segundo Tolomeo, a súa cidade principal ou capital era Merua ou Merva.

Luancos

A continuación di que Luancos significa lince porque

Un patriarca luanco quedou rexistrado na mitoloxía grega como Lynko (lince). O nome "luancos" foilles atribuído, posibelmente, porque este pobo se identificaba cos linces.

Isto último non o entendo, non sei que di, que porque un de Luancos chamábase Pepe, Luancos significa Pepe? a verdade é que o que escribiu iso e moi creativo e solucionaria moitos nomes. Os supertamáricos chámanse asi e significa o mesmo que o nome dalgún da familia presente na estela que se exhibe no Museo de Lugo. Etc, etc...

En serio, Luán vimos na entrada de Lúa, ou na de isca, esca e faísca que e unha variante máis de Lúa. E cos é perna e nos montes, ladeira.

Así Luancos, polo tanto, significa perna da Lúa, ladeira da Lúa. O cal quere dicir que está designando unha situación xeográfica perfectamente recoñecible para os veciños próximos. Xa que o seu monte, ou montes, tería o perfil do perfil dunha Lúa, probablemente. A ladeira do monte que parece que ten o perfil da Lúa, sería a tradución nese caso.

Por outra banda, a vila asturiana de Luanco pode vir de Luancos que perde co tempo o s final.

Ou ben ven de Luán+co  sendo co unha forma gramatical de comh que pode significar, chea, plena

Lúa chea, polo tanto. Vas a google maps pos Luanco e verás o perfil case completo dunha lúa chea na costa de Luanco. Casualidade? Pode ser, pero eu escribín Lúa chea antes de comprobalo en google maps, non ao revés.