Foi un problema de celtia.org. Que é Landán?
Hoxe, despois de explicar dán, debería estar perfectamente resolto. Dicía alí que
A praza de Landán, en Betanzos, tamén, suxirenos que non só os topónimos dos campos abertos, das leiras e dos montes son interesantes. As rúas das cidades antigas de Galicia están cheas de sorpresas. Como esta de Betanzos.
A pregunta é que organizaban nesa praza hai 2000 anos os betanceiros e visitantes e, polo tanto, que debería organizar anualmente o concello de Betanzos, seguindo a súa tradición milenaria?
En primeiro lugar hai que saber que Betanzos cambiou de lugar hai 800 anos, desde o lugar de Tiobre (Betanzos vello) ata a cidade actual. É posible que a praza do Landán non estivera alí, onde está hoxe, hai 2000 anos. Era para despistar. Pero o feito do significado de Landán segue presente:
Lán - moito
Dán- poema
Landán non está nin na toponimia nin na wikipedia, pero é perfectamente traducible por moito poema, quizais referido a unha competición celta de poemas, de bardos, con premios, músicas, danzas,...
Repetimos a pregunta de hai meses
A pregunta é que organizaban nesa praza hai 2000 anos os betanceiros e visitantes e, polo tanto, que debería organizar anualmente o concello de Betanzos, seguindo a súa tradición milenaria?
Non estamos seguros que fose nesa praza ou noutra de Betanzos vello, ou noutro lugar asociado a Betanzos. O concello de Betanzos debería convocar anualmente un concurso de bardos, para que a Praza de Landán se encha anualmente de moita poesía nosa, galega. De moito poema. Un deber inexcusable.
- Log in to post comments