Gradáns

Submitted by admin on Sun, 10/18/2020 - 00:20

No listado que vimos de toponimia con dáns vimos dous lugares chamados Gradáns.

Vimos no dicionario celta que un exemplo de dán era  dán grá, love poem, poema de amor.

No celta galego a orde das palabras non é a mesma que no irlandés actual (nalgún caso pode ser porque a frase galega da toponimia estea recortada e tivese un percorrido máis longo). Pero tampouco hai que descartar que en miles de anos a sintaxe do celta respecto a orde das palabras cambiase.

Polo tanto a tradución de Gradán é Poema de amor. Por fin un poema que parece actual, que non se dedica as arelas da  idade de ferro, senón as universais e intemporais, coma o amor.