Pardán

Submitted by admin on Sun, 10/18/2020 - 14:29

Pardán e Pardáns aparece no listado público da toponimia que espuxemos na entrada de dán.  En Ponteceso e Porto do Son.

Unha primeira versión inxenua pode identificalo cunha variante (inventada) de pardo, o cal non concorda con todo o restante listado. Non hai palabras do galego que teñan ese sufixo. Semella que ten que ver con pardo, pero non ten consistencia. De ser algo corrente relativo a pardo, habería centos de palabras describindo paisaxes outoñais. Pero hai máis como Doncos ou Dombodán que nos falan de pardo que pardáns.

Asi pardán é par+dán

pár, m. (gs. & npl. páir, gpl. ~).Parchment. Rud a chur ar ~, to put sth. on paper, to record sth.Traducido

pár, m. (gs. & npl. páir, gpl. ~) .Pergamiño. Rud a chur ar ~, por poñer algo en papel, para gravar algo.

Así que pardán significa Poema do pergamiño. Dunha época na que era factible escribir en pergamiño (época romana xa, posiblemente). Así o celta galego pérdese por non escribir en bronce e si en pergamiño. Insisto na idea: buscade con raios x nos tumbos do mosteiros escritos máis antigos celtas. Algún deles atoparedes.