Coído

Submitted by admin on Mon, 10/26/2020 - 15:16

O significado de coído na RAG está claro:

coído substantivo masculino1 Coial Como non soporta a area, adoita ir a unha praia pequena que é un coído. 2 Pequena enseada con pedras que o mar foi arredondando. O chapapote do Prestige ennegreceu coídos na Costa da Morte.

Abunda como topónimo corroborando ese significado

 
TOPONIMO CONCELLO PARROQUIA
Os Coídos ARTEIXO Suevos (San Martiño)
O Coído CAMBRE Bribes (San Cibrán)
O Coído CAMBRE Bribes (San Cibrán)
Coído CARNOTA Lariño (San Martiño)
Coído COIRÓS Santa Mariña de Lesa (Santa Mariña)
Praia do Coído FENE Limodre (Santa Eulalia)
O Coído FERROL Covas (San Martiño)
O Coído FERROL Covas (San Martiño)
O Coído da Herbosa de Terra FERROL San Xurxo da Mariña (San Xurxo)
O Coído das Mazás FERROL San Xurxo da Mariña (San Xurxo)
O Coído de Pazos FERROL Doniños (San Román)
O Coído Negro FERROL Covas (San Martiño)
O Coído Vello FERROL San Xurxo da Mariña (San Xurxo)
O Coído LOUSAME Lousame (San Xoán)
A Fonte do Coído MAÑÓN Bares (Santa María)
Coído da Bimborra MAÑÓN Bares (Santa María)
Coído da Fonte Pequena MAÑÓN Bares (Santa María)
O Coído Branco MAÑÓN Bares (Santa María)
O Coído da Atalaia MAÑÓN Bares (Santa María)
O Coído da Tecelá MAÑÓN Bares (Santa María)
O Coído das Leiras MAÑÓN Bares (Santa María)
O Coído de Riba MAÑÓN As Ribeiras do Sor (San Cristovo)
O Coído do Curumbal MAÑÓN Bares (Santa María)
O Coído do Escaire MAÑÓN Bares (Santa María)
O Coído do Pandeiro MAÑÓN Bares (Santa María)
Os Coídos MAÑÓN As Ribeiras do Sor (San Cristovo)
A Poza de Coído MUROS Esteiro (Santa Mariña)
Camiño de Tras de Coído MUROS Esteiro (Santa Mariña)
Coído MUROS Tal (Santiago)
Coído MUROS Tal (Santiago)
Coído MUROS Tal (Santiago)
Coído MUROS Esteiro (Santa Mariña)
Punta de Coído MUROS Tal (Santiago)
Sobrecoído MUROS Tal (Santiago)
Tras de Coído MUROS Esteiro (Santa Mariña)
Va de Coído MUROS Abelleira (Santo Estevo)
O Coído OZA DOS RÍOS Reboredo (Santiago)
O Coído OZA DOS RÍOS Oza (San Pedro)
Coído PORTO DO SON Caamaño (Santa María)
Coído PORTO DO SON Baroña (San Pedro)
Os Coídos PORTO DO SON Nebra (Santa María)
Praia de Coído PORTO DO SON Baroña (San Pedro)
Coto Coído SANTISO Beigondo (San Cosme)
O Coído SANTISO Barazón (Santa María)
Coído BARREIROS San Miguel de Reinante (San Miguel)
Coído BARREIROS San Pedro de Benquerencia (San Pedro)
A Chousa do Coído CERVO Cervo (Santa María)
O Coído CERVO Cervo (Santa María)
O Coído CERVO Cervo (Santa María)
O Coído CERVO Lieiro (Santa María)
O Coído Pequeno CERVO Cervo (Santa María)
Coído XOVE Portocelo (San Tirso)
O Peloural Grande de Coído XOVE Portocelo (San Tirso)
O Peloural Pequeno de Coído XOVE Portocelo (San Tirso)
O Curro de Coído PASTORIZA (A) San Martiño de Corvelle (San Martiño)
O Curro de Coído PASTORIZA (A) Bretoña (Santa María)
Os Coídos PORTOMARÍN Fiz de Rozas (San Lourenzo)
A Veiga de Coído SAMOS Reiriz (Santo Estevo)
Coído SAMOS Estraxiz (Santiago)
O Coído SAMOS San Martiño do Real (San Martiño)
Os Prados de Coído SAMOS Estraxiz (Santiago)
O Coído VIVEIRO Covas (San Xoán)
Os Coídos CASTRO CALDELAS Tronceda (Santiago)
O Coído POBRA DE TRIVES (A) Navea (San Miguel)
O Coído CAMPO LAMEIRO Fragas (Santa Mariña)
Ponte do Coído CAMPO LAMEIRO Fragas (Santa Mariña)
Regueiro do Coído CAMPO LAMEIRO Fragas (Santa Mariña)
Regueiro do Coído CAMPO LAMEIRO Fragas (Santa Mariña)
Camiño dos Coídos CERDEDO Castro (Santa Baia)
Coído, O CAMBRE Brexo (San Paio )
Coído FENE Limodre (Santa Eulalia)
Coído MIÑO Leiro (San Salvador)
Coído OLEIROS Maianca (San Cosme)
Coído, O ABADÍN Graña de Vilarente, A (Sta. Mª Madanela)
Coído, O ABADÍN Seivane de Vilarente (San Xoán)
Coído FRIOL Cotá (San Martiño)

Os coídos de novacarta son dese mesmo tipo

Coído (Fene)

O Coido  (Muxía)

O Coido (Pontedeume)

Unha curiosidade: novacarta.eu ten 2 coídos (Muxía e Pontedeume) que non están no listado publicado da toponimia. Xa que so ten completas certas zonas de Galicia.

Outra curiosidade: se ben gran parte dos topónimos son de costa, costeiros, corroborando ese significado, hai unha boa parte deles, que pola súa situación, e imposible que respondan a ese significado. Houston, temos un problema...

De feito na herdanza da miña nai hai fincas chamadas coído que están no alto de Bañobre (non na costa). Supoño que ben recollidas hai milleiros e milleiros de fincas chamadas coído.

Cal  é o significado oculto, celta, de coído que abrangue aos dous tipos de lugares, os da costa rochosa e as fincas normais chamadas así?

A miña hipótese é esta:

caoidh = caígh.

Máis exacta sería coidh, pero en irlandés actual hai só caoidh! E caigh que é?

Pois algo diso xa o vimos en celtia.org, en caión

caígh, v.t. & i. (pres. -íonn, vn. caí, pp. -íte).Weep, lament. Duine, rud, a chaí, to lament (for, over) s.o., sth. atá a chaí ach na páistí, I do not pity you but the children. É féin a bhí a chaí, he was concerned for himself only.

O fundamental do significado é: Choros, lamentos

O que unifica o significado das costas rochosas galegas chamadas coídos e certas zonas do interior e incluso de fincas particulares é que se tratan de zonas nas que o vento e as chuvias ou o choque do mar contra as rochas da costa (nos dous casos en época de tormentas, de mal tempo extremo) simulan, parecen, lamentos, choros. Pode  ser que na relixión celta galega eses choros e lamentos tivesen un significado especial e fose necesario rexistrar a súa localización, sinalando un tipo de lugar onde hai certos elementos do panteón celta galego.