A RAG o clarifica:
croio substantivo masculino Coio Tiráballe croios aos paxaros. E coio?
coio substantivo masculino Pedra dura e pequena, particularmente a que está arredondada e lisa pola erosión. Agarrou un coio do camiño e tiroullo ao can. SINÓNIMOS bocha2, callao, canto2, cañó, croio, pelouro, riarengo, seixo, xoga
Que ten que ver co celta? Pois eu supoño que
croí, m. (gs. ~, pl. ~the). Heart. ... Corazón...
É dicir, trátanse de pedras nin extremadamente pequenas ou planas ou grandes. Son arredondadas e lisas pola erosión e dun tamaño semellante a un corazón (quizais dun animal pequeno). Pedras coma un corazón pequeno.
Evidentemente en moitas das entradas anteriores hai un proceso de latinización que é o seguinte:
Non se admite croí, coidh, tarangán, e latinízase poñéndose un o final que lle dá un sentido de palabra máis común e parecida ás de procedencia latina: croio, coídho, tarangaño...
Dúas notas adicionais. Hai 79 topónimos galegos con croio no listado de toponimia.
Dado que só hai 300 topónimos no listado que tenen "cro", a maioría, croa e croio, quere dicir que cro é unha sílaba rara no latín polo que indica que o paso croio a coio pode entenderse como unha latinización, por un paso dunha palabra cunha sílaba extraña ao latín á mesma palabra sen esa sílaba extraña.
- Log in to post comments