carballo

Submitted by admin on Wed, 10/28/2020 - 11:59

Xa vimos que en celta o carballo dise dair. E que probablemente lugares como Adai falen de carballo. E que, quizais, o bispo Dumio tivese que ver coa desaparición das moitas palabras dair na toponimia galega. Que sinalarían lugares de cultos pagáns arredor dos carballos sagrados.

Así que a relación de carballo-árbore co celta vai ser mais indirecta do que o habitual. Poidese ser que se referiran ao carballo por unha das propiedades básicas para a súa utilización? Esta é a hipotese que imos desenvolver:

carball, m. (gs. & npl. -aill, gpl. ~).1. (Hard) palate. 2. Gum. 3. Jaw. 4. Boulder.

Carball, latinizado cun o final, carballo é 1. Paladar (duro). 2. Goma. 3. Mandíbula. 4. Pedra.

A goma é blanda pero tamén é un obxecto de creación recente. Os outros tres significados falan dun obxecto duro. O máis duro a pedra.

Así que  carballo pode ser que etimolóxicamente se refira á dureza da súa madeira, razón de ser da súa utilización en construcións de casas, travesas, carros, alpendres...

Isto cofírmao o libro de protocéltico xa citado, no que fai esa mesma similitude de carballo con dureza cando explica a orixe da palabra druida (que xa vimos nesa mesma entrada druida)

ETYM: The second element of this compound is the root of the verb *weyd- 'see, know' (Skt. veda, etc.). The first element is presumably PIE *derw-, *dru- 'oak' which metaphorically also meant 'strong, firm'. *druwid-is therefore the priest with 'strong insight'. The Welsh form derwydd and OBret. dorguid gl. pithonicus are actually parallel formations.
REF: LEIA D-202f., EIEC 598, Delamarre 149.

é dicir, PIE * derw-, * dru- "carballo" que metaforicamente tamén significaba "forte, firme". * druwid-é, polo tanto, o sacerdote con "intuición forte".

Para ver un afondamento destas ideas, e a profunda relación de "duro" co oak, carballo, con druída, con árbore, desde o PIE podedes ler druida, duro, carballo e árbore