Aldán

Submitted by admin on Sat, 12/12/2020 - 10:22

Aldán, Cangas quizais sexa o lugar máis coñecido dos dán (poema) galegos. Poema de que?

Al vímolo moitas veces en celtia.org

ál, m. (gs. áil, pl. ~ta). 1. Litter. ~ banbh, litter of pigs. S.a. arc1. 2. Brood. ~ sicíní, clutch of chickens. ~ páistí, swarm of children.

Así que unha tradución xenérica será a de manada, camada, piara, bandada,...

Poema da manada. Se supoñemos que se están referindo a homes (o cal sería o máis probable) sería algo así como poema da mesnada. Un canto a uns heroes que loitan coma unha manada de lobos, conxuntamente, e en equipo.

Hai que ver que na zona están o monte do Facho, o castro do Facho (Breo) onde apareceron as táboas dedicadas ao BeroBreo. Unha zona, a de  Cangas, altisca e levantisca, que seguramente rememora os poemas de Aldán.