Revisitamos a palabra aldea (na literatura popular e culta, unha palabra árabe, posto que se pensa que todas as palabras galegas ou casteláns que comezan por al son árabes).
En castelán a porcentaxe desas palabras é certamente máis elevada, pero, ao meu parecer, ese non é o caso de aldea. Xa que Al éxiste en celta e é moi usada na toponimia galega significando, manada, camada, grupo de animais que proliferan e se reproducen abundantemente arredor das casas ou nas mesmas casas. Como xa vimos en moitas palabras, a última, Aldán.
Agora quédanos saber que é dea en celta.
dea-2, hyphenated pref. 1. Good. 2. Well-. (a)~ -araíonach, well-favoured. (b) (Approvingly) ~-líonta, well-filled.
Boa, ben...
Unha aldea é o nome dunhas casas que teñen boas manadas ou camadas de animais. Seguramente un sitio do que é posible roubalas, apañalas. Posiblemente seguindo a idea da palabra en sánscrito para guerra que contan na película Arrival: roubar vacas. Unha aldea era un lugar marcado, sinalado no que era posible roubar animais (posiblemente sen que se desen conta os donos xa que tiñan boas camadas). Ao mesmo tempo, un lugar para vivir, un lugar que tiña moita proteína animal que sostiña a moitos habitantes.
A tradución anterior de aldea en celtia procede dun dicionario pouco fiable. Esta é a tradución máis coherente e sensata, con utilidade e sentido.
- Log in to post comments