Cabarcos

Submitted by admin on Mon, 12/28/2020 - 00:16

Pode ser que os expertos do tema acorden comigo, por unha vez, que é un nome celta. A razón, vémola clara na Galipedia:

Celestino Cabarcos Suárez (O Valadouro 1883 - 1961), cura e escritor galego.

Agora imos ao celta a debullar o significado:

Cos  vímolo moitas veces en celtia.org

Queda Cabar

cabar1, m. (gs. & npl. -air, gpl. ~). Pole, rafter. Poste, viga

cabar2, m. (gs. & npl. -air, gpl. ~). Eaves-knot (in thatching). Nós en puntas (en tellados de palla, por exemplo)

Así que os pobos dos cabarcos distinguíanse por vivir en casas, pallozas de palla, con postes ou vigas inclinadas (cos) ou ben de tellado de palla que comeza moi baixo (cos- xeonllos). Só tedes que comprobalo nos castros da zona de  Cabarcos, en Barreiros, desenterrando algún.

Ben se seguimos a tónica de celtia.org cos é na ladeira (vexase por exemplo Abeancos) Así que neste caso o significado sería "os pobos da ladeira que teñen casas de palla cunha forma distintiva".