Primeiro, apelido. Xosé Abeal profesor e poeta, é un exemplo.
Abeal, polo que vimos na entrada anterior significa A béal, a súa boca. Que tiñan unha boca grande, característica? Pois nin idea. Si que era salientable para denomnar a unha familia e dar lugar a un apelido. Se vemos a foto de Xosé Abeal vemos que tiña a boca grande (pode ser casualidade, pero... xa son moitas).
Desde logo, ninguén fixo nin de lonxe unha tradución de Bealo ou de Abeal, xa que so desde este enfoque de celtia.org podes facelo. En realidade non hai nada comparable.
Aqui as palabras da toponimia que conteñen Beal (fundamentalmente, boca)
TOPONIMO | CONCELLO | PARROQUIA |
---|---|---|
O Pabeal | BETANZOS | Brabío (San Martiño) |
O Abeal | CERVO | Rúa (Santa María) |
O Abeal | CERVO | Rúa (Santa María) |
O Rego do Abeal | CERVO | Rúa (Santa María) |
Os Abeales | CERVO | Cervo (Santa María) |
Os Abeallos | CERVO | Cervo (Santa María) |
Rego do Abeal | CERVO | Rúa (Santa María) |
O Abeal | VICEDO (O) | San Miguel de Negradas (San Miguel) |
Cobeallo | MANZANEDA | Requeixo (San Bartolomeu) |
A Copa da Rabealba | VILARIÑO DE CONSO | Sabuguido (Santa María) |
A Rabealba | VILARIÑO DE CONSO | Sabuguido (Santa María) |
As Madorreiras da Rabealba | VILARIÑO DE CONSO | Sabuguido (Santa María) |
O Pico da Rabealba | VILARIÑO DE CONSO | Sabuguido (Santa María) |
Bealo | BOIRO | Bealo (San Pedro) |
Abealla | VILA DE CRUCES | Carbia (San Xoán) |
- Log in to post comments