Abadín

Submitted by admin on Thu, 12/31/2020 - 10:31

Foi un misterio durante bastante tempo. dín parece tellado, pero aba que fai aí?

Así que misterio...

Unha solución ou solucións recorrentes,  antróponimos inventados ao canto. Así o fai a Galipedia, incluso con xenitivos ficticios, e abásidas importados...

Segundo J. M. Piel, o topónimo procede de Abbatini, quizais relacionado coa súa pertenza afastada ás abadías de Meira ou Lourenzá. Fernando Cabeza Quiles[19] coincide con esta teoría de (vila) Abbatini, "vila de Abbatinus", nome persoal latino, localizándoo como testemuña dun documento de 1195 e tamén existe un documento dos monxes de Meira con data do 3 de decembro de 1254.

Outra teoría máis improbable é que puidese proceder dos descendentes do fundador do reino de Taifas en Sevilla, Abul Kasin al Abad I, creador da dinastía dos Abbásidas

Os xenitivos son ficticios porque seguramente falan de procedencia, de "come from", e non de pertenza:

Fulanito Abbatini será fulanito, nado en Abatín (estilo latin), e non Abatini, dun tal Abatinus. A diferenza está en que no segundo caso tes a etimoloxía (ainda que ficticia) e no primeiro caso segues sen saber que significa Abatín. A regra é non poñer orixes inventados que non signifiquen nada para os falantes galegos dalgunha época. Isto si que ten sentido:

 O nome celta é  abhainn. Repetídeo varias veces e oiredes Abadín!

abhainn, f. (gs. -ann, pl. aibhneacha).River. Cuir leis an ~ é, get rid of it. Talamh, airgead, go h~, plenty of land, of money. Chuirfeadh thar an ~ tirim thú, he is free with his promises. S.a. cabhán2, líon13.
Os escribas seguramente o interpretan como o que mais lles soa, algo procedente de abadía, tal como fai unha das teorías.
Pero abhainn significa río e Abadín está cheo de ríos, moitos puros regueiros, tal e como conta a Galipedia,
A paisaxe de Abadín está configurada por un fértil val interior cruzado polos ríos Ouro, Labrada ou Labrador, Abadín, Pontiga, Santandrea, Pedrido, Anllo, Arnela e Fraga Vella (na súa maioría son regatos).
Entre eses ríos está o río Abadín, é dicir, río Abhainn, o río chamado río, xustamente.
Se, como dicía Otero Pedrayo, Galicia é a terra dos mil ríos, en Abadín faise o exemplo canónico, está cheo de ríos e por iso chámase Abhainn, Abadín, A terra dos ríos.
Outra razón para non aceptar antropónimos neste caso é que existe o topónimo Abadín en Vilalba, tamén. Onde non hai abadías, nin Abatinus, nin farrapos de gaita. Ainda que si, seguro que ten ao menos un río... preto dalí pasa "o río", o río Miño.