Freán, Freáns, Freás

Submitted by admin on Mon, 01/04/2021 - 15:57

Imaxínate que estás desenterrando un castro cheo de tesouros e atopas un sinal de tráfico poñendo Stop ou algo parecido, por exemplo "xira á esquerda". Quedarías en shock, atónito.

Esta palabra celta de Freán é un sinal deste tipo. Hoxe quedei en shock ao desvelalo.

Pero o primeiro é o primeiro, cantos e onde hai?

Segundo a Galipedia hai os seguintes:

O topónimo galego Freán pode referirse a:

Freáns, claramente o mesmo topónimo, hai poucos

Freás, idem:

O topónimo galego Freás pode referirse a:

En Castrelo

Pero sobre todo en novacarta.eu, no mapa da  Igrexa Parroquial de Santa Icía de Freán

Podes ver un camiño como o da imaxe anterior, un camiño do que torce  un ramal que probablemente sobe a un monte. Tamén o podes ver na Casota de Freáns no que nin siquera parece que teña ramal, ainda que na foto vese un camiño de carro. Hai ramal desde un camiño principal. Este último lugar non está na wikipedia.

Collede Freán, en Carballedo e buscádeo por Google Maps. Aí tedes un Freán canónico:

Hai un camiño principal e dese desvíase un ramal (cego) que vai a Freán... Pero en todos os lugares citados hai un deseño similar máis ou menos debuxado ou desdebuxado (pasaron moitos anos). Nalgún caso como no de Arteixo convértese nun extrarradio,.. Pero todos "falan"  dunha ou amosan unha desviación, xiro, saída da vía principal, de torcer,.. En varios casos o camiño remata alí, en Freán, como no de Chantada ou Carballedo. Noutros aumentaron as estradas e camiños e xa van ata outros lugares.

Despois disto, xa é previsible saber que significa Freán, Freáns ou Freás en Celta galego. Un paisano dille a outro, vas pola estrada e ao chegar á bifurcación (seguramente para subir ao monte) torces, xiras, para Freán. Que mellor que poñer un letreiro que poña Freán. Ou ainda mellor que isto chámaslle torcedura, xiro ao lugar. O lugar está no camiño  onde se torce, onde se xira. Alí está.

Vémolo?

freang1, v.t. (pp. ~tha). 1. Twist, wrench, contort. 2. Mec.E: Strain. É dicir, xiro, (chave inglesa que xira, é actual), torce, retorce. strain (presión é actual, tamén).
Nada máis que dicir.

Ben, si, eses camiños, como os topónimos, teñen 2000 anos...