Candín

Submitted by admin on Sat, 01/16/2021 - 00:50

Candín é un concello de León. É considerado tradicionalmente como un dos 48 concellos da Galicia estremeira. Nestes días está de moda porque acaba de pedir o cambio do nome do concello por Ancares, quitándolle o papel da comarca de Ancares galega. Naturalmente os concellos galegos que diron renome a Ancares opóñense a que zona leonesa se apropie en exclusiva do nome, ben traballado polos concellos dos Ancares lucenses.

Despois deste preludio, só dicir que perdería o concello de Candín ao cambiar de nome? pois un nome celta  que os que líchedes as cinco entradas anteriores xa sabedes traducir de carreira:

can- coa acepción máis usada de cantar e dín co significado de tellado dá o significado de canto dos tellados ou ben tellados que cantan. É posible que co sol da mañá os tellados de palla de candín  non só botasen fume ao quentarse a neve senón que por ese mesmo efecto fixeran ruídos (tellados que cantan) ou ben a beleza dos tellados de candín establecían unha imaxe idílica, un canto á terra nai que diría Xulio Iglesias.