Arán é unha illa mítica na zona máis galega de Irlanda (ademais de máis conservadora do celta, Connemara, a zona Gaeltacht por excelencia).
Arán en celta significa pan: arán, m. (gs. -áin).1. Bread.
Xa o vimos en Aranga e en Arante. Imos ver máis exemplos agora
Segundo a Galipedia
O topónimo Arán pode referirse a:
- Val de Arán, comarca catalá;
- Arán, lugar da parroquia de Arantón, no concello de Santa Comba. E
- Os Arantes, Fanoi, Abadín
Pero hai moitos máis topónimos con Arán, con pan.
TOPONIMO | CONCELLO | PARROQUIA |
---|---|---|
Arán | MUROS | Louro (Santiago) |
Arán | OLEIROS | Serantes (San Xián) |
Arán | SANTA COMBA | Arantón (San Vicente) |
Arán | VILALBA | Ladra (San Salvador) |
TOPONIMO | CONCELLO | PARROQUIA |
---|---|---|
A Agra de Arán | CAMBRE | Bribes (San Cibrán) |
Val de Arán | NOGAIS (AS) | Noceda (San Xoán) |
Pazo de Arán | VILALBA | Ladra (San Salvador) |
- Log in to post comments