Varias consideracións sobre esta palabra. Se a palabra fose referida á lectura, saberiamos que non era na primeira fase da lectura, xa que nela se lía unicamente en voz alta. Hoxe en día recoméndase a lectura en voz alta para os nenos pequenos, quizais seguindo un sistema que lembra a historia. Moitos gobernos e institucións recomendan as lecturas en voz alta en idade temperá, para nenos pequenos. Incluso temos un dia da lectura en voz alta que sinala o ministerio de educación.
1 de febrero, Día Mundial de la Lectura en Voz Alta - Observatorio de ...
Iso explica o "orar en min", como algo distintivo, non habitual, xa que as primeiras oracións deberían ter sido en voz alta. Só cando se interiorizan é posible facelo interiormente, sen vocalizar. E ademais, quizais se refiren a eremitas solitarios facendo meditación.
A segunda consideración é que a palabra orar ou oración é case sempre traducida na toponimia por un nome xermánico dono casualmente dun lugar ali preto. Moi abundante como é, por exemplo, "orar polos compañeiros", chea a toponimia de inexistentes xermanos ou suevos.
Un lugar na provincia da Coruña. Que lugar é?
- Log in to post comments