De Vigo todo o mundo di que vén do latín vicus, ainda que non todo o mundo concorda no que significa:
Galipedia 1:
Vigo é un topónimo latino frecuente para aqueles pequenos poboamentos semiurbanos ou rurais sen fortificar, ou "aldeas".[18][19][20] Neste caso xorde do "Vicus" altomedieval, entre os séculos IX e X.[21][22][19] No actual sur galego as "villae" xorden ligadas aos castros; mentres que no norte galego, no centro lucense e no asturiano, as "uillae" estiveron ligadas aos asentamentos romanos.[2
Galipedia 2:
O topónimo galego Vigo, do latín vicu(m) (acusativo de vicus, vici, "aldea sen murallas"), pode referirse a:
Galipedia 3:
Na Roma Antiga, un vicus era un barrio ou rúa normal, como o Vicus Tuscus, que atravesaba o Velabro e no que habitaban artesáns etruscos, o Vicus Iugarius, na beira do Capitolio, o Vicus Patricius, o Vicus Sandalarius etc.
Vicus é a orixe etimolóxica de numerosas poboacións chamadas Vigo, Vic, Norwich, Wyck, Wijk etc.
Galipedia 4
Vigo é un topónimo latino para aqueles pequenos poboamentos, ou aldeas, e que xorde entre o século III e VIII.[2][3]
É así? Desde logo hai que dicir que Vigo foi unha cidade pequena, moi pequena durante moito tempo. Nada que ver con un Lucus Augusti sen murallas que pretende o redactor das Galipedias 1 e 2. De feito a cidade galega máis poboada no 1787 era Ferrol!
Podes ver en El País, "Busca tu ciudad para conocer el número de personas que vivían en sus calles en el año 1787" que Ferrol tiña 24993 habitantes en 1787, no censo de Floridablanca, e ningunha outra cidade galega (agás Santiago) chegaba a 5000 habitantes.
A Coruña | 1357 |
Ferrol | 24993 |
Vigo | 2933 |
Lugo | 4019 |
Ourense | 3677 |
Pontevedra | 4014 |
Santiago | 15582 |
Sempre, no pasado, foi superado por Pontevedra ou Tui, de feito as capitais das provincias estaban alí.
Outro aspecto a mencionar da Galipedia 3 é que as cidades que di que teñen orixe en Vicus, son Vic (lóxico), Norwich, Wyck, Wijk todas teñen un V ou equivalente e un c ou equivalente, pero Vigo non, ten V pero non c, é diferente.
Tan diferente que dos Vigo que existen no mundo (sobre 200 en Galicia) e 6 ou 7 no resto do mundo, indican que algo está errado sobre esa deducción. O imperio romano chegaba de Galicia a Persia, de Gran Bretaña a Rumanía, de Marrocos a Arabia e os únicos Vicus convertidos en Vigo están en Galicia cunha marcaxe de 200-6. Estatísticamente moi raro, non?
Vexámolo na Galipedia
O topónimo galego Vigo, do latín vicu(m) (acusativo de vicus, vici, "aldea sen murallas"), pode referirse a:
- Vigo, concello e cidade da provincia de Pontevedra;
- Comarca de Vigo, con capital en dita cidade;
- Vigo, parroquia do concello de Boqueixón;
- Vigo, parroquia do concello de Cambre;
- Vigo, parroquia do concello de Carral;
- San Xulián de Vigo, parroquia do concello de Paderne;
- Vigo, lugar da parroquia de Cervás no concello de Ares;
- Vigo, lugar da parroquia de Larín no concello de Arteixo;
- Vigo, lugar da parroquia de Gaibor no concello de Begonte;
- Vigo, lugar da parroquia de Lamas no concello de Boqueixón;
- Vigo, lugar da parroquia de Mariz no concello de Chantada;
- Vigo, lugar da parroquia do Alto no concello do Corgo;
- Vigo, lugar da parroquia de Dodro no concello de Dodro;
- Vigo, lugar da parroquia de San Martiño de Duio no concello de Fisterra;
- Vigo, lugar da parroquia de Vilaronte no concello de Foz;
- Vigo, lugar da parroquia de San Salvador de Parga no concello de Guitiriz;
- Vigo, lugar da parroquia de Zolle no concello de Guntín;
- O Vigo, lugar da parroquia de Sirgueiros no concello do Incio;
- Vigo, lugar da parroquia de Bacurín no concello de Lugo;
- Vigo, lugar da parroquia de Vilachá de Mera no concello de Lugo;
- Vigo, lugar da parroquia de Vilanova de Santiso no concello de Malpica de Bergantiños;
- Vigo, lugar da parroquia de Callobre no concello de Miño;
- Vigo, lugar da parroquia de San Xurxo de Moeche no concello de Moeche;
- Vigo, lugar da parroquia de Santiago de Mondoñedo no concello de Mondoñedo;
- Vigo, lugar da parroquia de Dexo no concello coruñés de Oleiros;
- Vigo, lugar da parroquia de Miñotos no concello de Ourol;
- Vigo, lugar da parroquia de Bonxe no concello de Outeiro de Rei;
- Vigo, lugar da parroquia de San Xulián de Vigo no concello de Paderne;
- Vigo, lugar da parroquia de Cruces no concello de Padrón;
- Vigo, lugar da parroquia de Friolfe no concello do Páramo;
- Vigo, lugar da parroquia da Torre no concello do Páramo;
- Vigo, lugar da parroquia de Suegos no concello de Pol;
- Vigo, lugar da parroquia de Recelle no concello de Portomarín;
- Vigo, lugar da parroquia de San Mamede do Río no concello de Portomarín;
- Vigo, lugar da parroquia de Fafián no concello de Sarria;
- Vigo, lugar da parroquia de Marrube no concello do Saviñao;
- Vigo, lugar da parroquia de Amandi no concello de Sober;
- Vigo, lugar da parroquia de Vilapedre no concello de Vilalba;
- Vigo de Fondo, lugar da parroquia de Vilarmosteiro no concello do Páramo;
- Vigo de Galegos, lugar da parroquia de Galegos no concello de Láncara;
- Vigo de Mosteiro, lugar da parroquia de Mosteiro no concello de Guntín;
- Vigo de Sarria, lugar da parroquia de Vilar de Sarria no concello de Sarria;
- Vigo do Real, lugar da parroquia de Renche no concello de Samos.
- Vigo, lugar da parroquia de Veiga, no concello de Navia, en Asturias;
- Vigo, lugar do concello de Galende, na provincia de Zamora.
Amais, fóra do territorio galegofalante, o topónimo Vigo pode referirse a:
- España
- El Vigo, lugar do concello de Valle de Mena, na provincia de Burgos.
- Estados Unidos de América
- Condado de Vigo, condado do estado de Indiana.
- Inglaterra
- Italia
- Vigo di Cadore, concello da provincia de Belluno;
- Vigo di Fassa, concello da provincia de Trento;
- Vigo Rendena, concello da provincia de Trento.
Podemos ver tamén que a idea de "aldea sen murallas" da Galipedia para os Vigo galegos é mentira. O Vigo de Bacurín era unha aldea sen murallas? Pero se ten unha casa... son todos, en maioría, lugares, que non parroquias, dunha ou dúas casas. Así que a idea de "aldea case cidade" que nos brinda Galipedia, é falsa. Vigo hoxe é a cidade máis poboada de Galicia, no seu tempo eran dúas casas ou se queredes o castro do Castro en Vigo.
Agora haberia que lembrar que xa existe unha teoría para Vigo como de orixe celta nunha web de Coruña... ainda que algo complicada.
Tamén que existe unha regla na toponimia galega que relaciona a antiguidade da palabra coa frecuencia toponímica (en xeral). Vigo é moi frecuente, debe ser moi antiga, debe ser celta. De ser latina debería haber 2 ou tres Vigos, non douscentos.
Hai que dicir que a miña proposta é esa : Vigo é celta e está emparentada co Beagle "pequeno", o nome do barco que levou a Darwin a dar a volta ao mundo e descubrir a teoría da selección natural.
Vexámolo:
bige. 1. f. (gs. ~).Littleness. An bhige agus an laige, smallness and weakness. 2. gsf. & var. comp. of beag2.
Vigo (o o final latiniza a e final e no celta so hai bs) significa pouquedade, pequeneza.
O cal concorda coa maoiría dos centos de Vigo galegos, son pequenos, moi pequenos. A palabra pequeneza sigue a ser usada en galego (agora latino). Onde están os 200? pois aquí:
TOPONIMO | CONCELLO | PARROQUIA |
---|---|---|
A Agra de Vigo | ARTEIXO | Larín (Santo Estevo) |
A Agra de Vigo | SARRIA | Vilar de Sarria (San Salvador) |
A Agra dos Vigos | PINO (O) | Ferreiros (San Breixo) |
A Aira de Vigo | SAMOS | Estraxiz (Santiago) |
A Casa de Vigo | VEDRA | Santa Cruz de Ribadulla (Santa Cruz) |
A Chousa de Vigo | PORTOMARÍN | San Mamede do Río (San Mamede) |
A Costa de Vigo | BOQUEIXÓN | Lamas (Santa María) |
A Costa de Vigo | SAN SADURNIÑO | San Sadurniño (Santa María) |
A de José de Vigo | SAN SADURNIÑO | San Sadurniño (Santa María) |
A Estibada de Vigo | CARNOTA | San Mamede de Carnota (San Mamede) |
A Finca de Vigo | SARRIA | Fontao (San Martiño) |
A Fonte de Vigo | CANGAS | Aldán (San Cibrán) |
A Fonte de Vigo | SAN SADURNIÑO | San Sadurniño (Santa María) |
A Horta de Vigo | CARNOTA | Santa Comba de Carnota (Santa Comba) |
A Leira de Vigo | PÁRAMO (O) | A Torre (San Martiño) |
A Leira de Vigo | SAN SADURNIÑO | Santa Mariña do Monte (Santa Mariña) |
A Naia de Vigo | PINO (O) | Castrofeito (Santa María) |
A Namela de Vigo | SARRIA | Fontao (San Martiño) |
A Pena de Vigo | PÁRAMO (O) | Friolfe (San Xoán) |
A Poza de Vigo | ARTEIXO | Larín (Santo Estevo) |
A Poza de Vigo | LARACHA (A) | Lestón (San Martiño) |
A Rega de Vigo | SARRIA | Vilar de Sarria (San Salvador) |
A Zanca de Vigo | BOQUEIXÓN | Lamas (Santa María) |
A Zanca de Vigo | SANTIAGO DE COMPOSTELA | Sabugueira (San Paio) |
As Cortiñas de Vigo | POL | Suegos (Santa Eulalia) |
As Cortiñas de Vigo | SAMOS | Estraxiz (Santiago) |
Calsín do Vigo | ROIS | Rois (San Mamede) |
Camiño da Costa de Lucas a Vigo | PADERNE | San Xulián de Vigo (San Xulián) |
Camiño de Vigo | PÁRAMO (O) | A Torre (San Martiño) |
Campos de Vigo | MOECHE | San Xurxo de Moeche (San Xurxo) |
Capela de Vigo do Real | SAMOS | Renche (Santiago) |
Cas Vigo | MOECHE | San Xurxo de Moeche (San Xurxo) |
Cas Vigo | SOMOZAS (AS) | As Somozas (Santiago Seré) |
Castro de Vigo | CORGO (O) | O Alto (Santalla) |
Curro De Vigo | COSPEITO | Goá (San Xurxo) |
Eira dos Vigos | BOQUEIXÓN | Lamas (Santa María) |
Escola de Vigo do Real | SAMOS | Renche (Santiago) |
Fonte de Vigo | MOECHE | San Xurxo de Moeche (San Xurxo) |
Fonte de Vigo | PÁRAMO (O) | A Torre (San Martiño) |
Fonte de Vigo | PÁRAMO (O) | Friolfe (San Xoán) |
Fonte de Vigo | POL | Suegos (Santa Eulalia) |
Fonte de Vigo | PONTECESO | Anllóns (San Fins) |
Fonte de Vigo | SAMOS | Estraxiz (Santiago) |
Fonte de Vigo | SAN SADURNIÑO | San Sadurniño (Santa María) |
Igrexa de San Xulián de Vigo | PADERNE | San Xulián de Vigo (San Xulián) |
Laxas de Vigo | BOQUEIXÓN | Lamas (Santa María) |
Local Social de San Xulián de Vigo | PADERNE | San Xulián de Vigo (San Xulián) |
Muíño de Vigo | SAN SADURNIÑO | Ferreira (San Paio) |
Muíño de Vigo de Fondo | PÁRAMO (O) | Vilarmosteiro (Santa Eufemia) |
O Agro de Vigo | BRIÓN | Bastavales (San Xulián) |
O Cabezo de Vigo | CANGAS | O Hío (Santo André) |
O Cabezo de Vigo | VIGO | Cíes |
O Campo de Vigo | MONDOÑEDO | Santiago de Mondoñedo (Santiago) |
O Castro de Vigo | ARTEIXO | Larín (Santo Estevo) |
O Chao de Vigo | MONDOÑEDO | Santiago de Mondoñedo (Santiago) |
O Chao de Vigo | SARRIA | Fafián (San Xoán) |
O Comareiro de Vigo | MOAÑA | Moaña (Virxe do Carme) |
O Hórreo de Vigo | ARTEIXO | Larín (Santo Estevo) |
O Mar de Vigo | VIGO | Cíes |
O Monte de Cas Vigo | MOECHE | San Xurxo de Moeche (San Xurxo) |
O Monte de Vigo | PÁRAMO (O) | Friolfe (San Xoán) |
O Muíño de Pepe de Vigo | ARTEIXO | Larín (Santo Estevo) |
O Muíño de Vigo | SAN SADURNIÑO | Ferreira (San Paio) |
O Penedo de Vigo | BOQUEIXÓN | Lamas (Santa María) |
O Prado de Vigo | VEDRA | Santa Cruz de Ribadulla (Santa Cruz) |
O Rego de Vigo | ARTEIXO | Larín (Santo Estevo) |
O Río de Vigo | RIBADEO | A Devesa (Santalla) |
O Río de Vigo | SAN SADURNIÑO | Lamas (San Xiao) |
O Souto de Vigo | CORGO (O) | O Alto (Santalla) |
O Vigo | MONDOÑEDO | Santiago de Mondoñedo (Santiago) |
Os Cales de Vigo | PADERNE | San Xulián de Vigo (San Xulián) |
Ouvigo | BLANCOS, OS | Blancos, Os (San Breixo) |
Pista dos Cales de Vigo | PADERNE | San Xulián de Vigo (San Xulián) |
Porto Vigo | ARANGA | Aranga (San Paio) |
Rego de Vigo | POL | Suegos (Santa Eulalia) |
Rego de Vigo | RIBADEO | A Devesa (Santalla) |
Rego de Vigo | VIVEIRO | Landrove (San Xiao) |
Regueiro de Vigo de Fondo | PÁRAMO (O) | Vilarmosteiro (Santa Eufemia) |
Santiago de Vigo | RIBADEO | Ribadeo (Santa María) |
Suvigo | PADERNE | San Xulián de Vigo (San Xulián) |
Trasvigo | SARRIA | Vilar de Sarria (San Salvador) |
Vao do Vigo | PONTENOVA (A) | Vilaboa (San Xulián) |
Vía de Ferrocarril A Coruña-Vigo | LARACHA (A) | Soandres (San Pedro) |
Vigo | ARES | Cervás (San Pedro) |
Vigo | ARTEIXO | Larín (Santo Estevo) |
Vigo | ARZÚA | Rendal (Santa María) |
Vigo | BEGONTE | Gaibor (San Xiao) |
Vigo | BOQUEIXÓN | Lamas (Santa María) |
Vigo | CHANTADA | Mariz (San Martiño) |
Vigo | CORGO (O) | O Alto (Santalla) |
Vigo | CORGO, O | Alto, O (Santalla) |
Vigo | DODRO | Dodro (Santa María) |
Vigo | FISTERRA | San Martiño de Duio (San Martiño) |
Vigo | FOZ | Vilaronte (San Xoán) |
Vigo | GUITIRIZ | San Salvador de Parga (San Salvador) |
Vigo | GUNTÍN | Zolle (Santa María) |
Vigo | LOUSAME | Vilacova (Santa Eulalia) |
Vigo | LUGO | Bacurín (San Miguel) |
Vigo | LUGO | Vilachá de Mera (San Xillao) |
Vigo | MALPICA DE BERGANTIÑOS | Vilanova de Santiso (San Tirso) |
Vigo | MIÑO | Callobre (San Xoán) |
Vigo | MOECHE | San Xurxo de Moeche (San Xurxo) |
Vigo | MONDOÑEDO | Santiago de Mondoñedo (Santiago) |
Vigo | OLEIROS | Dexo (Santa María) |
Vigo | OUROL | Miñotos (San Pedro) |
Vigo | OUTEIRO DE REI | Bonxe (San Mamede) |
Vigo | PADERNE | San Xulián de Vigo (San Xulián) |
Vigo | PADRÓN | Cruces (Santa María) |
Vigo | PÁRAMO (O) | A Torre (San Martiño) |
Vigo | PÁRAMO (O) | Friolfe (San Xoán) |
Vigo | PÁRAMO, O | Friolfe (San Xoán) |
Vigo | PÁRAMO, O | Torre, A (San Martiño) |
Vigo | POL | Suegos (Santa Eulalia) |
Vigo | PORTOMARÍN | Recelle (San Pedro) |
Vigo | PORTOMARÍN | San Mamede do Río (San Mamede) |
Vigo | SAMOS | Estraxiz (Santiago) |
Vigo | SARRIA | Fafián (San Xoán) |
Vigo | SAVIÑAO, O | Marrube (Santa María) |
Vigo | SOBER | Amandi (Santa María) |
Vigo | VILALBA | Vilapedre (San Mamede) |
Vigo | VIVEIRO | Landrove (San Xiao) |
Vigo de Abaixo | CAMBRE | Vigo (Santa María) |
Vigo de Fondo | PÁRAMO (O) | Vilarmosteiro (Santa Eufemia) |
Vigo de Fondo | PÁRAMO, O | Vilarmosteiro (Santa Eufemia) |
Vigo de Galegos | LÁNCARA | Galegos (Santa Mariña) |
Vigo de Lamas | BOQUEIXÓN | Lamas (Santa María) |
Vigo de Mosteiro | GUNTÍN | Mosteiro (Santa María) |
Vigo de Sarria | SARRIA | Vilar de Sarria (San Salvador) |
Vigo do Real | SAMOS | Renche (Santiago) |
Vigo, O | INCIO, O | Sirgueiros (San Xoán) |
Vigobó | BAÑA, A | Riba, A (San Xoán) |
Vigovidín | CULLEREDO | Almeiras (San Xián) |
Xaravigo | ARANGA | Aranga (San Paio) |
Son 133 pero só dunha parte de Galicia. Para os habituados a presumir de grandes antepasados hai que dicir que Vigo é grande, a cidade mais grande de Galicia, e aínda é máis grande pola súa evolución de pequeneza á cidade maís grande sen necesitar de grandezas latinas figuradas.
- Log in to post comments