Empezaremos unha serie relativa, "aparentemente", a bailar
Que é un bailón? Diriamos unha persoa que baila moito, que lle gusta bailar. Ou unha pasada de festa e baile.
Que sentido práctico ten que iso sexa un topónimo? Desde o meu punto de vista, ningún. Así que bailón, "noutro sentido", celta, pode ser que teña sentido para poder optar a ser un topónimo. Hai quen, sen embargo, admite interpretacións "chabacanas" de certos topónimos galegos. Para eles bailón é un gran bailador.
A Galipedia non sabe dese topónimo. Pero os hai...
TOPONIMO | CONCELLO | PARROQUIA |
---|---|---|
Fonte do Bailón | MUGARDOS | Mugardos (San Xulián) |
O Bailón | MUGARDOS | Meá (San Vicente) |
O Prado Bailón | MURAS | Muras (San Pedro) |
A Cortiña de Bailón | RIBADEO | Santalla de Vilausende (Santalla) |
Muín do Bailón | RIBADEO | Covelas (San Vicente) |
O Penedo do Bailón | RIBEIRA DE PIQUÍN | Os Vaos (San Xoán) |
Que pode ser en celta?
Apostamos por bailíonn, unha forma gramatical de bailigh
bailigh1, v.t. & i. 1. Collect, gather.
Ou sexa recolectar, recoller, xuntar...
Neste caso Bailón sería o lugar que se recolle a recolección, a colleita dunha grupo ou casas. Así eses topónimos sinalan os lugares como Fonte da Colleita, A Colleita, O prado da colleita, Muíño da colleita, ou penedo da colleita teñen un sentido práctico e total para os membros dos grupos ou grupo que utilizan ese lugar como silo ou como lugar de debullo e de preparación da colleita.
O paso de bailíonn a bailón é produto dun aggiornamento a algo comprensible dunha palabra neste momento incomprensible.
- Log in to post comments