Hoxe foi un día afortunado porque fixen 15 puntos para novacarta.eu, arredor de Corme e Ponteceso. Cun día soleado para fotografar eses 15 puntos. No 90 aniversario da proclamación da II República Española que aprobou o Estatuto da Autonomía Galega que promoveron Alfonso R. Castelao, e Alexandre Bóveda.
Pero o que máis pesa no balance do día é o descubrimento de 4 solucións para celtia.org. Unha, tras a que levo varios anos, foi causada pola busca endemoñada dunha Ermida da Illa Estrela. Desde a praia da Ermida o Tom Tom insistia en levarme andando pola praia. Tiven que dar varias voltas e pasar por Gondomil para ir ao outro extremo da praia da Ermida. E, de pronto, coma un lóstrego, entendín Gondomil!. Nono explico agora porque ten toda a súa historia, a súa longa historia. Pero si contar que a Ermida da Illa Estrela non existe de forma visible e si quedan uns restos, contoume un camareiro. Ademais están nunha Illa de difícil arribada.
A segunda foi entender Niñóns, que significa Niñóns en celta. Para outro día. Está aquí Igrexa Parroquial de San Xoán de Niñóns, ainda que quizais se refira ao castro de Niñóns.
A terceira, na Capela de Faro, na parroquia de Brantuas, entender non só que é un templo de orixe precristiana, entender o por que e porque hai varios Faros e Montefaros en Galicia. Por certo que como veredes no seu momento ten un monumento digno da columna de Trajano (pero con menos estatuas). En fin, un monumento galego que parece celebrar o camiño de peregrinaxe, pero que realmente, polo contorno, pola capela, pola tradición dos Faros galegos é o maior monumento feito nunca á cultura celta galega, tal e como o farían os nosos compatriotas celtas se a súa cultura perdurase ata hoxe en día. Velo en Capela da Virxe do Faro. En Ponteceso turismo concordan comigo: Capilla de A Nosa Señora do Faro
Con la llegada de la religión cristiana a Galicia, se cristianizaron los lugares altos con antiguos cultos paganos donde se mantienen también ritos ancestrales y creencias tradicionales de los pescadores.
Pero o cuarto descubrimento de hoxe foi entender que e Tuas. Pois moi simple
tuas = thuas. E thuas, thuas, adv. & a. (Of position) Up. E varios outros significados que remachan o primeiro: Arriba.
Sen estar alí quedaría no anecdotario. A igrexa parroquial de Brantúas parece moi lonxanamente precristiana. Está moi remozada en moitas épocas que parece de estilo século XIX ou posterior.
Onde hai tuas? pois no catalogo publicado en 12 lugares de Ponteceso, nada máis:
TOPONIMO | CONCELLO | PARROQUIA |
---|---|---|
A Agra de Brantuas | PONTECESO | Brantuas (San Xián) |
A Costa de Brantuas | PONTECESO | A Graña (San Vicenzo) |
Brantuas de Abaixo | PONTECESO | Brantuas (San Xián) |
Brantuas de Arriba | PONTECESO | Brantuas (San Xián) |
Camiño de Brantuas a Nemeño | PONTECESO | Nemeño (San Tomé) |
Cemiterio de Brantuas | PONTECESO | Brantuas (San Xián) |
Cruceiro de Brantuas | PONTECESO | Brantuas (San Xián) |
Ermida da Nosa Señora do Faro de Brantuas | PONTECESO | Brantuas (San Xián) |
Escola de Primaria de Brantuas de Arriba | PONTECESO | Brantuas (San Xián) |
Estrada de Brantuas de Abaixo a Niñóns | PONTECESO | Brantuas (San Xián) |
Igrexa de San Xulián de Brantuas | PONTECESO | Brantuas (San Xián) |
Pista da Costa de Brantuas | PONTECESO | A Graña (San Vicenzo) |
Chama a atención Brantuas de Arriba e tamén Brantuas de Abaixo. Xa que Brantuas era orixinalmente Brantuas de Arriba, naturalmente. Está nun alto (ainda que a Nosa Señora do Faro está moito máis alto). Pero Brantuas deixou de entenderse, converteuse non nun lugar, senon nunha parroquia que necesitaba distinguir arriba de abaixo.
Porque que é Bran? Xa o vimos outras veces, pero, repetimos,
TOPONIMO | CONCELLO | PARROQUIA |
---|---|---|
Muíño de Bran | PALAS DE REI | San Breixo (Santa María) |
Muíño de Brandeiro | CERDIDO | A Barqueira (Santo Antonio) |
Muíño de Brans | BRIÓN | Brión (San Fins) |
Que ocorre? Probablemente o significado en Galicia sexa de Muíño de man máis que o significado irlandés de Farelo. Pero, todos saberedes que as traducións que fago son sempre aproximadas: estamos traducindo o celta galego cunha lingua irmá, pero non exactamente a mesma. Ademais quen sabe de que tempo foi posto ese nome e que tradución tiña no seu momento. A idea, sen embargo a manteño, está ligado ao farelo, ou a instrumentos para producilo, como os muíños de man. Ou a fariña, sen máis. Para unha distancia en tempo de 2000 ou 3000 anos é moi difícil distinguir entre variantes (farelo ou fariña, vai ti a saber).
Vexamos máis Bran que o sitúan :
TOPONIMO | CONCELLO | PARROQUIA |
---|---|---|
Bran | ARZÚA | Burres (San Vicenzo) |
Bran | OROSO | Ánxeles, Os (San Mamede) |
Bran | SANTISO | Niñodaguia (San Paio) |
Bran | VEDRA | Vedra (Santa Eulalia) |
Branca | RIBEIRA | Palmeira (San Pedro) |
Brancio | FONSAGRADA, A | San Martín de Arroxo (San Martín) |
Branco | BOQUEIXÓN | Lamas (Santa María) |
Brancos | MUROS | Abelleira (Santo Estevo) |
Brandao | BARREIROS | Cabarcos (San Xulián) |
Brandarido | MUROS | Abelleira (Santo Estevo) |
Brandarís | TORDOIA | Bardaos (Santa María) |
Brandariz | AGOLADA | Baíña, A (San Pedro) |
Brandariz | BAÑA (A) | Ordoeste (Santa María) |
Brandariz | COSPEITO | Cospeito (Santa María) |
Brandariz | ORTIGUEIRA | Luama (San Martiño) |
Brandariz | VILA DE CRUCES | Brandariz (San Miguel) |
Brande | CARNOTA | Lira (Santa María) |
Brandela, A | XUNQUEIRA DE AMBÍA | Graña, A (Santiago) |
Brandia | LOUSAME | Lousame (San Xoán) |
Brandián | ABEGONDO | Presedo (Santa María) |
Brandián | CHANTADA | Vilaúxe (San Salvador) |
Brandián | GUARDA (A) | Camposancos (Santa Isabel) |
Brandián | OUTEIRO DE REI | Robra (San Pedro Fiz) |
Brandián | PONTES DE GARCÍA RODRÍGUEZ, AS | Somede (San Mamede) |
Brandián | TABOADA | Campo (San Xián) |
Brandín | BAÑOS DE MOLGAS | Betán (San Martiño) |
Brandín | CAMPO LAMEIRO | Montes (San Isidro) |
Brandiz | PONTENOVA (A) | Conforto (Santa María) |
Brandoi | MONFERO | Santa Xiá de Monfero (Santa Xiá) |
Brandomés | VILA DE CRUCES | Brandariz (San Miguel) |
Brandomil | ZAS | Brandomil (San Pedro) |
Brandoñas de Abaixo | TORDOIA | Anxeriz (Santa Mariña) |
Brandoñas de Arriba | TORDOIA | Anxeriz (Santa Mariña) |
Brandufe | GONDOMAR | Vincios (Santa Mariña) |
Branquenza | ARTEIXO | Barrañán (San Xián) |
Branquenza | CALDAS DE REIS | Arcos da Condesa (Santa Mariña) |
Branquilleira | PONTECESO | Corme Porto (Nosa Señora dos Remedios) |
Brans de Abaixo | BRIÓN | Brión (San Fins) |
Brans de Arriba | BRIÓN | Brión (San Fins) |
Brantuas de Abaixo | PONTECESO | Brantuas (San Xián) |
Brantuas de Arriba | PONTECESO | Brantuas (San Xián) |
Branzá | ARZÚA | Branzá (Santa Locaia) |
Branzaílla | ARZÚA | Branzá (Santa Locaia) |
Algunhas destas palabras non teñen nada que ver con bran coma Brandariz ou brandarís ou, mellor, aínda, branco ou branca. Pero outras si coma Bransá (Branzá, en muíño); Brandín, tellado de muíño e Brandían, muíño intensivo (un tipo de muíño mellorado?), Brande, muíño de deus: Brandia, muíño deus ou de deus; estes dous últimos tamén poderían ser farelo de deus; Brandao ou Brandán, poema do muíño ou do farelo. Como vedes algúns necesitan edificio físico do muíño e outros poden referirse ao farelo ou a fariña.
Brandoi, é curioso, podería significar muíño imposible ou que é imposible conseguir farelo nesa zona.
Pero, ademais, tedes a explicación xa feita en celtia sobre bran e Bra
O que me nego a facer é hipóteses sen base ningunha. Hypotheses non fingo, que dicia Newton. Bran pode ser un cabaleiro indoeuropeo baixado dun ufo procedente de outra galaxia. Pode, pero non teño ningún indicio. De Fariña ou farelo teño indicios en irlandés.
- Log in to post comments