Esta vila (do sur de Lugo) tiña un selo en forma de Lúa, seguramente, de aí o seu nome. O papel dos selos na administración celta galega non é coñecida, pero debeu ser salientable. Parece ser que só eu observei que o triskel celta de ouro de Santa Tegra é un selo porque a súa figura é a simétrica da que debería ser e que ao impregnala en tinta e aplicala a un pergameo obtense a figura correcta. Pero agora o papel do selo vai máis aló ao observar na toponimia o número de vilas e concellos que falan do selo. En celta, claro.
Este lugar é un deles. De paso, vemos que, asombrosamente, tiñamos unha administración organizada!!
Agora unha última pregunta: o selo de Lugo era como o de Santa Tegra (que parece ter 3 semilúas); era o formado por unha semilua á esquerda, unha lúa chea e unha semilúa cara a dereita ou ben tiña unha única lúa ou semilúa? A verdade é que deberiamos buscar nesa vila de Lugo exemplares (de ferro ou outro metal) que permitan responder a esa pregunta. Seguramente nos mosteiros ou igrexas da zona.
- Log in to post comments