Sobre o freixo temos unha páxina web galega que nos conta cousas desa árbore:
https://www.rios-galegos.com/arb9.htm
en especial sobre o folklore
https://www.rios-galegos.com/arb9.htm#O_freixo_e_as_fadas:
O freixo forma parte dos tres árbores consagrados as fadas: "Roble, Freixo e espiño", a xente sempre comenta que nos lugares onde aparecen as tres árbores seguro que se poden ver fadas.
Ou que A cortiza utilízase para baixar a febre e como aperitivo.
Na Galipedia dise que
Etnoloxía
En Galicia, e dentro dun marco celta, o freixo era unha das árbores sagradas, representaba a verticalidade, a frouxidade, o oposto ao carballo, que representaba a horizontalidade, a rixidez, a forza.
Nesta páxina irlandesa https://ireland-calling.com/celtic-mythology-ash-tree/
dise que
O Freixo é parte da familia da oliva e é valorada pola súa súa forza e tamén pola súa calidade para curar. En Irlanda, o freixo era considerado unha das da triloxía de árbores sagradas, xunto co carballo e o espiñeiro (como xa vimos en Galicia tamén). Formaba co Teixo e outro un quinteto máxico celta.
Tristemente, estas árbores foron cortadas en 665 polos cristiáns para simbolizar a vitoria sobre o paganismo, aínda que moitas tradicións pagás foron adoptadas polos cristiáns e algunhas árbores ligados ás historias dos santos.
Vemos que o cristianismo corta os freixos dos lugares "sagrados". Por iso pode ser interesante crear unha igrexa onde non haxa freixos (carballos vailles ser difícil).
Nion, Nuin, é a quinta na letra do alfabeto Ogham , 'Nion' ou 'Nuin', e o terceiro mes no calendario Celta das Árbores.
St Patrick supostamente expulsou as serpes de Irlanda coa vara de freixo, que, na mitoloxía irlandesa, era a madeira preferida para unha vara máxica.
Debido posibelmente a súa forza e capacidade de crecer a grandes alturas (máis de 130 pés), a mitoloxía celta refírese ao Freixo coma Árbore do mundo, unha árbore que se estende entre os dous mundos, a espiña dorsal do universo.
- Log in to post comments