Falando do castro e monte de Santa Tegra eu o escribo así de maneira incorrecta, segundo a normativa oficial. Se se referisen a unha santa eu non teño nada que dicir. Se se referisen a un topónimo pásame como a maioría dos galegos, que cambiamos Trega por Tegra. Mesmo a Xunta o facía así: Tores, Mónica: «Ni Tecla ni Tegra: Trega» La Voz de Galicia, 6/12/2011.
A razón pode ser que Tegra ten un sonido máis preto ao sonido celta. Tegra tradúcese por Amor quente, é dicir un sitio habitado onde pode vivir unha familia. Trega, curiosamente, tamén ten tradución, moi preto, pero como os "tres tristes tigres" é moito máis difícil de pronunciar. Non teño nin idea do papel da Santa no asunto, pero, por significado, paréceme máis plausible Tegra. Dúas razóns para apoiar Tegra sobre Trega.
- Log in to post comments