Samarugo

Submitted by admin on Sat, 05/29/2021 - 14:34

Despois da introdución de Sama de Langreo, imos ver a Samarugo, un lugar e parroquia de Vilalba Samarugo, Vilalba

Nós a rexistramos en novacarta.eu (concretamente, Inés Ben)

Pazo de Samarugo  e   Igrexa Parroquial de Santiago de Samarugo

A cuestión é que significa Samarugo? Ten incluso refráns.

Pois na entrada anterior xa explicamos Sama

Sa-en

má, plain, plano, planicie

E falta rugo, do que buscamos rug, despois latinizado en rugo-

rug :beir.

e beir

beir, v.t. & i. (p. rug, fut. béarfaidh, vn. breith, pp. ~the). 1. Bear, give birth to.  dar nacemento a, en past tense

Imos a Google maps (como moitas outras veces) e vemos en Samarugo un rego, un regato: o rego do Pazo.

O cal dá lugar a unha secuencia de sucesos, seguramente o rego chamábase Samarugo, no século XVII ou XVIII (non sei exactamente) constrúen un pazo e lle dan o nome do Rego, Samarugo. A xente identifica, desde entón, o pazo como o máis notable da zona e substitúen Rego de Samarugo como Rego do Pazo (xa que o pazo ten ese mesmo nome).

Ainda que esa explicación non explica o nome. Que é samarugo? Pois refírese ao rego, que nace a uns km do pazo, pero os ríos teñén sempre o mesmo nome e este é nacido na planicie, nacido na chaira, nacido preto de aquí. O cal non debe ser frecuente.