Gonzar

Submitted by admin on Sat, 05/29/2021 - 18:37

Estiven en Gonzar nesta semana. Gonzar, O Pino Pero hai máis  Gonzar, Portomarín

So podo contar do Pino. Un pequeniño canón do Colorado

Igrexa Parroquial de Santa María de Gonzar

Nese enlace, as fotos do final, dun río pequeno, que significan? Que a estrada pasa por unha ponte pequena sobre o Río Mera

E a igrexa está a 50 metros da ponte. As ladeiras do río están en forma de V profunda. O cal quere dicir que tivemos alí un moi pequeno canón do Colorado con auga arrasando e escavando o cauce co tempo. Un pequeno canón porque no do Colorado era todo o desxeo de hai 12500 anos en todo o norte de norteamérica, e aqui non houbo tal cousa. Pero si inundacións repetidas. E xa sabemos como se di inundación en celta galego: sar (buscar Sar ou Belesar).

Pero no nome hai Gonzar, que non ten Sar. Os letrados e escribanos españois escribían con z, o que os nomes celtas non tiñan. Así pasou en Zas, documentado nesa entrada. E así foi neste caso.

Gonsar. A verdade é que sempre traducín Gon por bon ou ben, pero sigo sen atopar un dicionario que o poña claramente. Con dúbidas pero o seguimos dicindo nesta tradución: boa inundación, quizais neste caso gran inundación. Houbo un desxeo dun glaciar hai x miles de anos? Houbo cicloxéneses explosivas descargando no comezo do río. Algo ocorreu extraordinario que se cristalizou no nome.