Unha moi pequena vila lucense e un apelido derivado dela cantan a Deus en celta. A palabra cantar exténdese por toda Galicia e ainda aparece en Asturias. Parece que un dos labores máis pracenteiros dos celtas galegos era cantar e, quizais, facer poemas para cantar.
Como non sabemos en que época está creada está palabra (se era xa no cristianismo sería canta a Deus, e se era moito tempo atrás podería ser aos deuses) non podemos deducir a tradución exacta. Canta a Deus sónanos ben aos nacidos no cristianismo, así que deixémolo así.
Se nos fixamos en que deuses dise deithe en celta, a tradución apunta a cantar a Deus, ainda que se estamos falando de fai 2000 anos probablemente estemos falando do deus por antonomasía, dun deus maior, quizais de Lug.
- Log in to post comments