Buitra

Submitted by admin on Wed, 06/16/2021 - 23:04

Xa que Lastra pode ser dubidosa, imos cunha que non o é, Buitra.

Buitra non está na Galipedia nin nos listados da Toponimia.

Pero se pos Buitra en google maps aparéceche como cabo da Buitra, tal como se fose un buitre femia. Preto do parador da costa da morte. Se vas a el, non te podes esquecer do cabo da Buitra e da praia da Arnela.

En realidade está dicindo, en celta,

Bui -amarelo

tra,  trá1, f. (gs. ~, pl. ~nna).1. Strand, beach. Praia

Ou sexa praia amarela. Que pasa? Posiblemente estamos falando de miles de anos atrás e había unha esplendorosa praia de areas amarelas que, coa subida do mar (subiu 120 metros desde hai 20000 anos) quedou tapada polo mar e só resta, a pequena praia da Arnela como praia de area amarela nunha costa de rochas batidas polo mar de modo estenuante.

Porque sabemos que o mar subiu 120 metros? Porque os corais viven -e morren- na proximidade da superficie do mar e se rexistramos os corais atopados no mar, calculamos a súa idade con carbono 14 e a súa profundidade no mar actual vemos que houbo unha época hai sobre 20000 anos en que o nivel do mar estaba 120 metros máis profundo. Onde estaba a auga? Nas masas de xeo que dominaban o norte de Europa e América e que, ao desxearse, foron elevando o nivel do mar progresivamente. Nun mesmo tipo de fenómeno coma o actual de desxeo do Ártico e o Antártico e a previsible elevación do nivel dos mares da Terra e a inundación das zonas máis habitadas do planeta. Todo polo cambio climático que moitos negan (pero hai moitos tamén que nunca viron celtas en Galicia, din eles).

Para profundar nestes temas podes ler "Os labirintos galegos", un libro meu que os explica e explica a orixe da nosa aventura celta galega en Europa.