Albín e Sualbín

Submitted by admin on Thu, 06/17/2021 - 13:28

Penso que todos os lectores de celtia.org deberían levantar a mán para dicir, eu sei, eu seino...

Pero primeiro onde hai Albín?

Polo menos aquí

 
TOPONIMO CONCELLO PARROQUIA
Albín CASTRELO DE MIÑO Macendo (Santa María)
Albín SANTISO Ribadulla (San Vicenzo)
Albín SAVIÑAO, O Ousende (Santa María)
Albín VILA DE CRUCES Camanzo (San Salvador)
Albín de Vellas SANTISO Ribadulla (San Vicenzo)
O Agro de Albín SANTISO Visantoña (San Xoán)
Sualbín SANTISO Ribadulla (San Vicenzo)

Na Galipedia saben algúns

O topónimo Albín pode referirse a varios lugares de Galicia:

E agora vén o cometido de Celtia, que é Albín?

Pois non é difícil, al-bín

Al, granxa ou camada ou colección de animais dalgún tipo

Bín ou binn pico

Granxa no pico, camada no pico.

Que pasa con Sualbín? Pois que o efecto pico está reduplicado en bín e en Su- os falantes non se mollan se é latín medieval-suso ou celta, suas, e adoptan Su para dicir arriba. Arriba, no pico, temos camadas de...

E podemos afirmar que os moitos su de prefixo da toponimia galega son así, sinalan arriba e non se mollan, nin suas, nin suso. Nin celta nin latín. Na media, a virtude.