Jarama, Sarria, Sargadelos, ... Sarre, non fun o primeiro en escribir deles

Submitted by admin on Tue, 06/22/2021 - 12:35

Teño que agradecerlle a quen me enviou estes anacos de Internet sobre Sar, Sarria, Jarama, .... nos que se ve que hai moitos anos que xa se sabía que Sar era un hidronímico "prerromano" europeo e indoeuropeo (aparece na India, tamén). Moita xente o sabía. O que non sabían era que en celta gaélico significa inundación, que é celta, está no seu dicionario; péselle a quen lle pese, con ese significado, que non é decorativo, está avisando dun feito potencialmente perigoso.

A Xunta de Galicia resulta que ten un plan de Inundacións en toda Galicia con detalles moi detallados, que podes buscar en Internet, pero non fala do Sar. Non o sabe e a sabiduría dos nosos antergos xa tiña un plan anti-inundación do país que ninguén consulta. A sabiduría de miles de anos, e experiencia acumulada de miles de xeracións galegas botada a perder en discusións inúteis sobre o evidente- que dicia Durrenmat-de se somos celtas ou non e traducións "suevas". Por favor, un pouco de sentidiño. Basta xa. O Novo plan de Inundacións de Galicia debe conter todos os topónimos con Sar e se se engade ma, mellor porque como explica moi ben o documento de Díaz Fierros Viqueira e outros citado na entrada anterior de Sárdoma tes que unir chaira a un río para que haxa inundación. Os ríos torrenciais non inundan. ma e Sar no nome, como Sárdoma, coma en Jarama=Sar+a (latinización ou eufonización)+ma=Inundación na planicie en lugares coma Burgos ou Madrid. E en Burgos e en Madrid tamén había celtas. Aínda que non eran nin todos os celtas de España, nin a maioría, claro. Nin siquera os celtas dentro dos celtas que diría Ayuso.

Aquí poñerei os textos de Internet enviados por Inés Ben sobre o tema. Noutras entradas farei algo do traballo do que o plan de inundación de Galicia non fixo, sinalando as zonas que, por toponimia, están nun certo perigo de inundación histórica:

Sar, un hidrónimo moi primitivo
ISABEL SANTOS
BARBANZA
24 sep 2010 . Actualizado a las 02:00 h.

Na parroquia de San Vicente de Cespón, Boiro, temos a localidade de Sar, un de tantos topónimos monosilábicos que son do interese dos estudosos polo seu presunto primitivismo. En efecto, nomes como Zas, Pol, Sil, Sol ou Sor sobreviven, grazas á transmisión oral, dende os nosos primeiros devanceiros europeos. Volvendo a Sar, a súa orixe pode estar na presenza dalgún manancial, nunha zona abondosa en augas (ríos Beluso e Brea, entre outros). Existen en territorio galego concas coñecidas e localidades que toman o nome do río próximo: Sar, Sarela, Sarria... Tamén en España e Europa: Arroyo del Sarro, en Sevilla; Riera de Sara, en Barcelona, ou río Sarre, en Francia. A orixe destes hidrónimos está na raíz indoeuropea *Sor, que puido mudar a vogal en "a" como adoita ocorrer. En indio antigo (lingua da familia indoeuropea) tamén temos "sará", co significado de río ou regato.


https://core.ac.uk/download/pdf/61911229.pdf

https://snl.vigo.org/toponimia-comesana/25/

En https://www.tabeirosmontes.com/santeles-san-xoaacuten.html

    SAR DE ABAIXO / SAR DE ARRIBA: é un topónimo hidronímico, é dicir, relacionado coa auga. En xeral, todos os lugares galegos chamados Sar, ou ben designan ríos e corrente de auga, ou ben lugares que están  próximos dun río, fonte ou manancial; neste caso,  o nome procede, sen dúbida, dun regato chamado Sar, que pasa por Sar de Arriba e por Patanín e verte as súas augas no Pozo do Pego do río Ulla. Este hidrónimo ten  orixe prerromana, seguramente precéltica, en concreto, provén do lexema *s´r, “fluír, manar”.

En http://www.sandovaldelareina.com/castellano/delpueblo/toponimia/toponimos-g-j.html

Jarama (La): es el nombre del arroyo que cruza el pueblo de Sandoval de oeste a este. Nace del arroyo de Valdecilla y del arroyo del Palomar (que también se llama del Barrancal o del Arrabal), así como de las surgencias del Hoyuelo y de Fuente Val. Se trata de un hidrónimo, como lo prueba su coincidencia con el río Jarama, afluente del Tajo, o uno de los ríos de Villadiego (Jaramilla) [*]. En su primera parte, jara-, el nombre podría recoger un componente toponímico céltico[**], o ser coincidente con la forma que aparece en Jaraba, Jarafuel, etc. En un marco más amplio pone el origen del término Francisco Villar, quien lo hace derivar de la raíz indoeuropea sar-, que significa ‘fluir, discurrir’, y se manifiesta en diferentes lenguas de esa familia, como en sánscrito (sará- ‘líquido, fluido’, sarit- ‘arroyo’, sará ‘río, arroyo’), en griego ‘ορός` [horós] y latín serum, ‘líquido lechoso’. Hay hidrónimos derivados de esa raíz en la Península: la fuente Sar (Santa María del Campo, Burgos); el arroyo Sarrion (Coaña, Asturias); Arroyo de Sarrón de la Forada (Bañar, Asturias); el arroyo Sarave (Bacáicoa, Navarra); la balsa Sarasa (Urdiáin, Navarra); el barranco de Sarnes (Lascurre, Huesca); el arroyo de la Sara (Rodeiro, Pontevedra); Sarria (Lugo)... Fuera de la Península tenemos el río Sarno en el golfo de Nápoles o el célebre afluente del Rin que se llama Sarre en francés y Saar en alemán, que da nombre a un Estado de esa República Federal[***].

A su vez, Álvaro Galmés de Fuentes explica que la evolución fonética palatalizó la s- inicial, que derivó a fricativa prepalatal sorda en la Edad Media como en otros topónimos, escribiéndose con X (Saitabi > Xátiva; Sigerici > Xerez, y Xeriz en Castrojeriz, por ‘Castro de Sigerico’), para dar en la Edad Moderna en el sonido velar fricativo sordo que representamos en castellano con J: así sucede también en los nombres de ríos como Sucro > Júcar, Salone > Jalón y Saramba > Jarama (el), afluente del Tajo, homónimo de nuestro arroyuelo (la Jarama) y del río chico de Villadiego (Jaramilla)[****]. Tampoco resulta difícil la evolución del grupo –mb- en Saramba > Jarama, pues así sucedió en otros casos: de palumba> paloma, de plumbu > plomo, lumbu > lomo y loma ...

Tal vez fuera fantasía pensar que Jarama podía ser denominación arábiga vulgarizada en castellano: jara-ma’ por may al-jara o ‘agua sucia’. El artículo la, por el (arroyo), y su género tendría connotaciones diminutivas y despectivas, frente al masculino que se usa para corrientes más caudalosas (el Jarama). En cuanto a la suciedad, hay que pensar primero en el agua encharcada al atravesar el poblado, especialmente en época invernal, y en que, un tiempo, los vecinos arrojaban las aguas de limpiar poniendo por obra el “¡agua va!”. Aunque no hay que trasladar a épocas antiguas costumbres más modernas. Se trataba del agua de fregar, lavar o lavarse, pero no otras, como las de los servicios higiénicos (para los que servían cuadras, tenadas o recintos similares y lugares recónditos a la intemperie) o la del lavado de la ropa que se hacía, en parte al menos, en el río. El término jarama se encuentra convertido en nombre común, en la frase “…los arroyos los ríos las jaramas se levantarán…” (Adel Alonso, Coco-Dilo, Almería, Editorial Círculo Rojo, 2013, p. 51).

Pancracio Celdrán, que desconoce la(s) Jarama(s) burgalesas, refiriéndose al río Jarama a su paso por Talamanca (Madrid), dice que el término «jarama» acaso se relacione con una voz local madrileña con el significado de ‘arroyo o corriente’[*****]. Tras lo visto, lo único objetable a esta explicación es la limitación de su ámbito geográfico.

En http://kit.consellodacultura.gal/web/uploads/adxuntos/arquivo/5cadb01ce5818-toponimia_ames.pdf

  Na hidronimia, isto é, nos nomes das augas e dos cursos fluviais, consérvanse numerosos vestixios da lingua ou linguas faladas no territorio antes da chegada do latín. Polo regular, os nomes dos ríos de certa importancia adoitan sobrevivir ao longo dos séculos e teñen orixe prelatina. No termo municipal de Ames son bo exemplo os nomes dos ríos Sar e Tambre, hidrónimos indoeuropeos, ben coñecidos e estudados, emparentados cos nomes de moitos outros ríos de Europa e que se rexistran xa en autores clásicos como sar, saris e támaris ou támara. Tamén son de orixe prerromana o topónimo da parroquia que dá nome ao concello, Ames, e o nome da comarca ou val da Maía, ambos de significado tamén hidronímico. Outras correntes de auga menores teñen en xeral nomes menos antigos, e con frecuencia carecen dun hidrónimo específico e reciben a súa denominación por referencia ao nome do núcleo habitado ou da zona por onde pasan: o rego da Andoriña, do Arneiro, o rego de Augapesada... A maioría dos topónimos de Ames, como ocorre en toda Galicia, están constituídos por termos que teñen a súa orixe no latín, o que non significa que os topónimos nacesen en latín. O nome dun lugar chamado Loureiro é o resultado galego do latín laurariu, pero o topónimo puido nacer xa en galego, da mesma maneira Petróglifo do Monte Castelo 5 que algúns topónimos que conteñen un termo de orixe prerromana (por exemplo seara ou carballo) non teñen por que ter orixe moi antiga, pois son palabras que sobreviviron no latín da Gallaecia e despois no galego.  


  Sar Río O nome do río Sar, que cos seus afluentes define a xeografía da Maía antes de ir desaugar no Ulla, é un nome de orixe prerromana. Sar procede dunha coñecida raíz hidronímica indoeuropea ser- ‘fluír’, con paralelos na hidronimia de toda Europa (ríos chamados Sara, Saar, Serre, Sarre, Sarno, Sarine, Sarria, Sorga, Jarama...). Rexístrase como Sars no século i na obra de Pomponio Mela. A documentación medieval é moi abundante; reproducimos algunhas das atestacións que ofrece Bascuas no seu estudo deste hidrónimo: flumen Saris (912), in litore fluminis Saris […] usque ad Sare (1136), ecclesiam beate Marie de Saris (1154), monasterium Saris (1162), ecclesiam beate Marie de Sare (1178), monasterio Sancte Marie Saris (1152), usque ad aquam de Sar (1137), inter duabus rivulis scilicet Sar et Condomia (1144), in territorio Amaia discurrente ribulo Saris (1167) etc. Igual que outros hidrónimos percibidos como femininos, un diminutivo en -ela (< latín -ĕlla) dá nome a un afluente ou un dos brazos do seu curso alto: río Sarela. (como Sárdoma / Sardomela, Tambre / Tamarela, Támega / Tamicelas, / Tea / Tielas etc.). Nalgunhas fontes escritas e cartográficas desde o século xix parece haber confusión entre Sar e Sarela (o dicionario de Madoz chámalle Sarela ao Sar ao seu paso polas parroquias de Ames). 94 O Nomenclátor de Galicia recolle 17 localidades que conteñen o hidrónimo Sar no seu nome.