Covillón, Cazás, Xermade di a Galipedia. O listado da toponimia, máis:
TOPONIMO | CONCELLO | PARROQUIA |
---|---|---|
A Chaira do Covillón | MUÍÑOS | Parada de Ventosa (San Pedro) |
A Corga do Covillón | MUÍÑOS | Cados (Santa María) |
A Ladeira do Covillón | VEREA | Bangueses (San Miguel) |
Covillón | XERMADE | Cazás (San Xulián) |
Fonte do Covillón | VEREA | Bangueses (San Miguel) |
O Covillón | BANDE | Bande (San Pedro) |
O Covillón | CALVOS DE RANDÍN | Randín (San Xoán) |
O Covillón | CERDEDO | Figueiroa (San Martiño) |
O Covillón | LAMA (A) | Gaxate (San Pedro) |
O Covillón | MUÍÑOS | Barxés (Santa María) |
O Covillón | MUÍÑOS | Cados (Santa María) |
O Covillón | MUÍÑOS | Parada de Ventosa (San Pedro) |
O Covillón | QUINTELA DE LEIRADO | Redemuíños (San Salvador) |
O Covillón | RAMIRÁS | Santo André de Penosiños (Santo André) |
O Covillón | VEREA | Bangueses (San Miguel) |
Os Covillóns | CAMPO LAMEIRO | Moimenta (Santa María) |
De novo Covillón (acaso pensan nunha cova grande?).Como podedes imaxinar, eu penso que é Cobillón. E non é unha deformación de Corbillón. Toda a historiografía da toponimia galega baséase na deformación ata o imposible das palabras, polo que supoñer que Cobillón vén de deformar Corbillón sería máis que aceptable nesa teoría. Eu o que afirmo é que -xustamente ao contrario- toda a lingua celta galega loita ata o imposible pola non deformación das palabras que farían imposible o recoñecemento non só do significado, senón tamén da división sonora das palabras, dificultando ainda máis o entendemento.
Unha das críticas que oín á miña exposición é esa. Non se deforman as palabras. Pois ben, os celtas galegos era iso o que buscaban. Non tiñan escritura. O único que fixaba as palabras a través de miles de anos (e non só no celta, senón no indoeuropeo en xeral) eran estratexias da lingua co impedisen:
Palabras moi curtas (mellor unisilábicas como Sar, Sás e miles máis) que son imposibles de deformar. Se cambias Sar en Sás cambias de inundación a trampeiro. Xa está ocupada, non é posible.
Co tempo vese no gaélico que as palabras medran, cos matices, a polisilábicas, pero conservando a primeira sílaba: algo así como que pasas de trampeiro a trampeiro de coellos, engadindolle detras de sás coello, etc.
E neste momento, século X e posteriores, con palabras latinas moi longas en que a xente pode divertirse xogando a facer dialectos e romances: estudiante, estudante, student ou etudant son palabras entendibles entre sí en catro linguas próximas.
Pero, finalmente, que é cobillón?
Despois do que temos visto, fáltanos só co. E co
- Log in to post comments