Esta é unha palabra que se presta a interpretacións chuscas. A Galipedia di que
O topónimo galego Cotillón pode referirse a:
- Cotillón, lugar da parroquia de Aldixe, no concello de Abadín;
- O Cotillón, lugar da parroquia de Limodre, no concello de Fene;
- O Cotillón, lugar da parroquia de Teixeiro, no concello de Lugo;
- O Cotillón, lugar da parroquia de San Fiz de Monfero, no concello de Monfero;
- O Cotillón, lugar da parroquia de San Pantaleón de Cabanas, no concello de Ourol;
- O Cotillón, lugar da parroquia de Acedre, no concello de Pantón;
- O Cotillón, lugar da parroquia de Ribadeume, no concello das Pontes de García Rodríguez;
- O Cotillón, lugar da parroquia de Pantín, no concello de Valdoviño;
- O Cotillón, lugar da parroquia de Corvelle, no concello de Vilalba.
A RAG di que cotillón
substantivo masculino Xolda acompañada de baile e na que habitualmente se reparte entre os asistentes, puchos de papel, serpentinas, colares etc., para se ataviaren. Organizaron un cotillón para celebrar o fin de ano.
substantivo masculino. Cotellón Ía atrás do arado desfacendo os cotillóns.
É unha xolda? puchos de papel e serpentinas son moi recentes. Cotelón? Se a explicación de cotillón é cotelón debería haber topónimos cotelón, que non hai. Esas definicións da RAG non explican os topónimos Cotillón.
Vexamos agora o celta
có- :comh-2
comh-2, leniting pref. (Becomes có(i)- before m and n) 1. Mutual, joint, common; co- 2. Fellow- 3. Equal. 4. Close, near. 5. Full, complete, uniform. 6. Bot: Gam(o)-
Mutua, conxunta, común.
Ti- casa
llón fonte, provisión de auga.
Fonte mutua, común, das casas, podería ser a tradución. Ou aquí as casas dispoñen dunha fonte común. Ou se fas unha casa aquí non necesitar buscar fonte, haina común.
- Log in to post comments